BURELA.- Segundo manifesta o portavoz do PP, recollendo declaración da vicepresidenta da Deputación, o parque empresarial de Burela quedaría adiado ata a entrada en vigor do PXOM e pregúntase cal é a postura do alcalde diante desta situación, dada a importancia económica que representa para o concello o desenvolvemento industrial que estaría relacionado co dispoñibilidade de solo nun parque empresarial.
NOTA DE PRENSA DO PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ BARCIA
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, pregúntase quen decide sobre o parque empresarial.
Asegura que as declaracións ó respecto de Lara Méndez fan peligrar o futuro económico da vila.
Barcia exíselle ó alcalde que aclare a situación e que diga algo, pero algo con xeito.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Burela, José María González Barcia, manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que cada día que pasa vé máis negro o parque empresarial, porque non se sabe quen decide sobre este tema, e por riba as declaracións de Lara Méndez, a semana pasada, indicando que o parque empresarial de Burela se fará cando estea en vigor o PXOM, ou son unha clara intromisión na vida municipal de Burela, porque ela non é quen para decidir sobre o futuro de Burela, ou descoñece por completo que é o que viña facendo a Sociedade Urbanística Provincial, SUPLUSA, órgano da Deputación Provincial de Lugo, para construir o parque empresarial de Burela. Por riba, o que Méndez di fai peligrar o futuro económico de Burela, e ela saberá por que fai esas declaracións e o alcalde debería aclarar por que llas consinte.
Ademais, González Barcia considera que o alcalde debe aclarar esta situación e decir algo, pero algo con xeito, que demostre que sobre este tema se está traballando con documentos e con prazos, porque os cartos xa os hai. Barcia entende que o alcalde queda claramente en ridículo coas manifestacións de Lara Méndez, que nos recordan ás do seu mentor político, Roberto Alvarez, que pensaba que decidía sobre vidas e facenda. Asimesmo, Barcia considera que é difícil que o alcalde diga algo con xeito, porque a este paso non teremos suelo empresarial suficiente hasta 2014, aproximadamente, e sendo mui optimistas.
Barcia indicou que SUPLUSA incorpora a actuación de Burela nas súas previsións de 2006 xa avanzado o ano, e volve a incorporalas nas previsións de 2007 e de 2008, cun investimento de seis millóns de euros. De feito, SUPLUSA contratou a finais de 2006 cunha empresa externa mediante concurso a elaboración da modificación pNOTA DE PRENSA DO PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ BARCIA
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, pregúntase quen decide sobre o parque empresarial.
Asegura que as declaracións ó respecto de Lara Méndez fan peligrar o futuro económico da vila.
Barcia exíselle ó alcalde que aclare a situación e que diga algo, pero algo con xeito.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Burela, José María González Barcia, manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que cada día que pasa vé máis negro o parque empresarial, porque non se sabe quen decide sobre este tema, e por riba as declaracións de Lara Méndez, a semana pasada, indicando que o parque empresarial de Burela se fará cando estea en vigor o PXOM, ou son unha clara intromisión na vida municipal de Burela, porque ela non é quen para decidir sobre o futuro de Burela, ou descoñece por completo que é o que viña facendo a Sociedade Urbanística Provincial, SUPLUSA, órgano da Deputación Provincial de Lugo, para construir o parque empresarial de Burela. Por riba, o que Méndez di fai peligrar o futuro económico de Burela, e ela saberá por que fai esas declaracións e o alcalde debería aclarar por que llas consinte.
Ademais, González Barcia considera que o alcalde debe aclarar esta situación e decir algo, pero algo con xeito, que demostre que sobre este tema se está traballando con documentos e con prazos, porque os cartos xa os hai. Barcia entende que o alcalde queda claramente en ridículo coas manifestacións de Lara Méndez, que nos recordan ás do seu mentor político, Roberto Alvarez, que pensaba que decidía sobre vidas e facenda. Asimesmo, Barcia considera que é difícil que o alcalde diga algo con xeito, porque a este paso non teremos suelo empresarial suficiente hasta 2014, aproximadamente, e sendo mui optimistas.
Barcia indicou que SUPLUSA incorpora a actuación de Burela nas súas previsións de 2006 xa avanzado o ano, e volve a incorporalas nas previsións de 2007 e de 2008, cun investimento de seis millóns de euros. De feito, SUPLUSA contratou a finais de 2006 cunha empresa externa mediante concurso a elaboración da modificación puntual das normas subsidiarias de Burela na zona de A Puida, para poder facer alí o parque empresarial, con aproximadamente cento setenta mil metros cadrados de superficie. A principios de Maio de 2007 recibiuse no concello un escrito de SUPLUSA no que se indicaba que o documento de modificación das normas subsidiarias fora remitido á Xunta de Galicia para que esta emitise informe, e de feito a propia Xunta remitiu un escrito ó concello sobre os pasos a dar ó respecto. A partires de ese momento, non sabemos nada do proceso, nin por parte da Xunta nin por parte da Deputación, e as manifestacións do alcalde sobre a zona de O Perdouro non aclaran nada ó respecto porque o solo que se liberaría nesa zona, sobre uns sesenta mil metros cadrados, non sería suficiente. Barcia indicou que hai empresarios de Burela que coñecen “perfectamente” esta documentación.
Barcia asegura que “tanto o alcalde coma Lara Méndez poden verificar o que eu digo, porque a documentación está en SUPLUSA e tamén consta no concello o envío da modificación puntual á Xunta, e o escrito desta”.
Polo tanto, cómpre que a Sra. Méndez, e fundalmente os veciños e empresarios de Burela, coñezan a situación, que é de parálise neste asunto, como o é en outras tantas, mui ó contrario do que di a Sra. Méndez, quen non é precisamente un torrente de traballo e de toma de decisións, se non máis ben ó contrario, aspectos nos que coincide totalmente co alcalde de Burela.
En Burela, a vinteoito de Xullo de dous mil oito.
O portavoz do Grupo Municipal do PP de Burela, José María González Barcia. untual das normas subsidiarias de Burela na zona de A Puida, para poder facer alí o parque empresarial, con aproximadamente cento setenta mil metros cadrados de superficie. A principios de Maio de 2007 recibiuse no concello un escrito de SUPLUSA no que se indicaba que o documento de modificación das normas subsidiarias fora remitido á Xunta de Galicia para que esta emitise informe, e de feito a propia Xunta remitiu un escrito ó concello sobre os pasos a dar ó respecto. A partires de ese momento, non sabemos nada do proceso, nin por parte da Xunta nin por parte da Deputación, e as manifestacións do alcalde sobre a zona de O Perdouro non aclaran nada ó respecto porque o solo que se liberaría nesa zona, sobre uns sesenta mil metros cadrados, non sería suficiente. Barcia indicou que hai empresarios de Burela que coñecen “perfectamente” esta documentación.
Barcia asegura que “tanto o alcalde coma Lara Méndez poden verificar o que eu digo, porque a documentación está en SUPLUSA e tamén consta no concello o envío da modificación puntual á Xunta, e o escrito desta”.
Polo tanto, cómpre que a Sra. Méndez, e fundalmente os veciños e empresarios de Burela, coñezan a situación, que é de parálise neste asunto, como o é en outras tantas, mui ó contrario do que di a Sra. Méndez, quen non é precisamente un torrente de traballo e de toma de decisións, se non máis ben ó contrario, aspectos nos que coincide totalmente co alcalde de Burela.
En Burela, a vinteoito de Xullo de dous mil oito.
O portavoz do Grupo Municipal do PP de Burela, José María González Barcia.

















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



