RIBADEO .- O terceiro Festival Internacional de Música Clásica empeza o día 8, venres, ás dez menos cuarto da noite con unha homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo. O director do festival, Leopoldo Erice, ofrecerá un concerto de piano adicado a un gran melómano, como foi Calvo-Sotelo.
O segundo acto será o 10 de agosto, domingo, ás dez da noite con un concerto a cargo da mezzosoprano Mary Ann Hart e de Emile Naoumoff ao piano. O venres, 15 ás dez da noite será o terceiro concerto, que correrá a cargo de do Trío Narciso Yepes que interpretará un recital de danza e música antiga española. E o concerto de clausura será o domingo 17 ás dez da noite co grupo Barcelona Barroc.
Nota de Prensa
CUN CONCERTO DE HOMENAXE A LEOPOLDO CALVO-SOTELO EMPEZA O DIA 8 O TERCEIRO FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA.
Ribadeo, 04 de agosto de 2008.- Os actos do terceiro Festival Internacional de Música Clásica, que se celebra en Ribadeo este mes, foron presentados hoxe no Concello. Empeza o día 8, venres, ás dez menos cuarto da noite con unha homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo. O director do festival, Leopoldo Erice, ofrecerá un concerto de piano adicado a un gran melómano, como foi Calvo-Sotelo.
O segundo acto será o 10 de agosto, domingo, ás dez da noite con un concerto a cargo da mezzosoprano Mary Ann Hart e de Emile Naoumoff ao piano. Cinco das cancións que interpretarán son estreos mundiais e as outras cinco estreos en Europa, tal e como salientou o director do festival.
O venres, 15 ás dez da noite será o terceiro concerto, que correrá a cargo de do Trío Narciso Yepes que interpretará un recital de danza e música antiga española. E o concerto de clausura será o domingo 17 ás dez da noite co grupo Barcelona Barroc.
O III Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo terá por escenario o Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo das entradas que xa están disponibles na taquilla Caixa Galicia e o día dos concertos na propia taquilla do Auditorio será de 10,60 euros. Para os maiores de 65 anos e os menores de 18 o prezo será de 8,60 euros.
Na presentación do festival a concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, salientou que este evento <é xa un referente na súa terceira edición> grazas á aportación económica da Fundación Caixa Galicia e á dirección artística de Leopoldo Erice. En representación da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez explicou que para esa entidade <a cultura en termos xerais, e a música en concreto, é unha das nosas responsabilidades, que levamos con tremendo gosto. Este terceiro festival internacional é unha mostra diso, pois para chegar a estos nivéis de profesionalidade e de importancia requírese a participación de máis dunha entidade>. Sinesio Pérez tamén salientou que o Concello de Ribadeo <amosou sempre unha sensibilidade moi especial para temas culturais, e para a música en concreto>, ó tempo que recoñeceu o <gran traballo> de Leopoldo Erice.
O director dixo que o festival ten un carácter moi didáctico coa intención de chegar a todo tipo de público. <Hay mucha gente que no se anima a ir a un concierto de música clásica, porque dice que no la entiende y nosotros pretendemos que eso vaya cambiando poco a poco con unas charlas muy amenas, en las que los propios músicos hablan de la música que van a interpretar>.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



