BARREIROS .- Os alcaldes de Barreiros e Foz non chegaron a un acordo sobre a titularidade do tesouro da Cornería na conversa que mantiveron esta mañá no medio da ría a bordo de dúas embarcacións, e citáronse para o desafío que terá lugar o domingo ás 11:00 “nese tiro á corda entre os dous Concellos a ambos lados da ría e aquel que tire máis será o que se leve ese tesouro da Cornería”, segundo explica o rexedor barreirense, Alfonso Fuente Parga.
O alcalde de Barreiros engade que “cada un citaremos tamén ás doce persoas que nos acompañarán aos alcaldes para levar ese tesouro cara o noso lado e facer que ese Concello siga a gozar dese tesouro tal e como veu gozando ao longo deste 2008 Barreiros xa que o ano pasado foi o noso Concello o que se alzou co triunfo do tiro á corda. Este domingo ás 11 da mañá se verá si segue en posesión de Barreiros ou si cambia para os veciños de Foz”.
Alfonso Fuente fai un chamamento aos veciños de Barreiros “a que participen nesta cita do domingo e a que animen a esa xente que nos vai representar e loitar porque o tesouro da Cornería siga en mans do noso Concello”.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



