VIVEIRO .- O taller que Otero Regal tiña desde fai vintecinco anos na Porta da Vila, en Viveiro, trasladouse a vella fábrica de curtidos de Xunqueira, agora convertida nun complexo artístico por iniciativa de Regal. A evolución debeuse a necesidade de espazo para lograr unha maior efectividade na produción e o desexo do autor d
e converter o obradoiro nun punto de atracción turística e cultural.
O complexo de Regal Cerámica Artesán en Xunqueira conta con un museo de cerámica con tres apartados nos que se recolle a colección de esculturas e pezas orixinais artísticas de Otero Regal, dende os anos setenta ata actualidade; a colección de pezas comerciais de Regal Cerámica, dende que se instalou en Viveiro, e unha unha colección de cerámica artística e contemporánea con obras de Arcadio Blasco, Picasso, Tapies, Chillida, X. Viqueiras, Nacho Porto, Teresa Jirones entre outros.
O complexo de Regal Xunqueira dispón de un taller para artistas becados e invitados, que participen en xornadas e cursos, ou que mediante un contrato especial pasen temporadas traballando en Regal Cerámicas, para o que dispón de vivendas.
O complexo tamén conta con unha sala de exposicións que permanece aberta todo o ano con obras colectivas, temáticas ou individual es e unha sala de actividades múltiples, para concertos, conferencias e coloquios. Tamén hai en Regal Xunqueira unha biblioteca de consulta especializada no sector cerámico en particular e en todo o arte en xeral .O proxecto inclúe unha tenda, unha editorial sobre arte e cerámica. Todo o complexo funcionará como centro didáctico para colexios e excursións en xeneral.
Regal Cerámica Artesán participa desde fai dúas décadas nos certames nacionais e internacionais máis importantes de comercialización do sector cerámico e de regalo: Intergif-Madrid, xaneiro e setembro, Expo-Hogar de Barcelona, Cevider de Valencia, Frankfurt, Tokio, etc., comercializa os seus produtos en máis de 300 tendas en territorio español e exporta a Estados Unidos, Italia, Portugal e Alemania.
A nova sede de Regal Cerámica Artesán en Xunqueira conta con estancias de comedor, cociña, vestiarios para los traballadores del complexo.
Por outra banda, sinalar que o complexo ten unha aula de interpretación da fabrica de curtidos, que recolle utensilios, pezas elaboradas na curtiduría, maquinaria e complementos de unha unidade didáctica sobre o tema.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



