CERVO .- Operarios da empresa Procesadora Gallega de Alimentos están a instalar no día de hoxe colectores de aceite doméstico usado en diversos puntos do concello.
Esta recollida efectuarase mediante seis colectores urbanos que se instalarán en Cervo (nas inmediacións da praza do Concello), Río Cobo (Centro Social e Deportivo), e San Ciprián (inmediacións dos accesos ao porto, rúa Concepción Arenal – esquina Rosalía de Castro, Rúa Aduana, e Avenida da Mariña). A empresa encargada da provisión destes aceites alimenticios usados (Procesadora Gallega de Alimentos – División Verde) será a responsable do baleirado dos colectores de recollida, da conservación dos mesmos e da súa rotulación.
Segundo adiantou o edil de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Antonio Basanta, o Concello ten previsto desenvolver unha campaña de sensibilización da poboación para que depositen os aceites de cociña dos seus fogares nestes colectores. Este tipo de aceites poden reempregarse en biodiésel, xabón ou abono orgánico. Ou na fabricación de velas, pinturas e vernices. Basanta sinalou tamén que á luz dos resultados desta primeira experiencia o Concello podería ampliar a colocación de colectores noutros puntos do termo municipal.
DANOS ECOLÓXICOS
O concelleiro de Medio Ambiente cervense sinalou que a recollida de aceites usados é importante para evitar os danos ecolóxicos que xera o seu vertido incontrolado. As graxas arroxadas polos escorregadoiros acaban atascando os sumidoiros e provocan un rápido desgaste dos filtros das depuradoras. Ademais, en ríos, o fluído forma unha película superficial que impide o paso do osixeno.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



