VIVEIRO / RIBADEO .- O deputado autonómico do PP, José Manuel Balseiro, e a senadora popular, María del Carmen Gueimunde, aseguran que “tras dous anos da entrada en vigor da Lei da Dependencia non temos constancia de que ningún mariñán está a cobrar as axudas que lle corresponden” e ofrécense para tramitar reclamacións nas oficinas de Viveiro e Ribadeo. Na mesma nota de prensa, deputado e senadora afirman que “o dez por cento das persoas con dereito a recibir estas prestacións xa faleceron”.
Nota de Prensa
O PP DENUNCIA QUE O 10% DOS MARIÑÁNS QUE SOLICITARON AXUDAS POLA LEI DE DEPENDENCIA XA FALECERON
Balseiro e Gueimunde aseguran que na comarca da Mariña ninguén está a cobrar as axudas ás que teñen dereito
Anunciaron que nas Oficinas do Deputado de Ribadeo e Viveiro asesorarán ós afectados para que presenten as reclamacións que consideren oportunas
Ribadeo, 12 de setembro de 2008.- O deputado autonómico José Manuel Balseiro e a senadora María del Carmen Gueimunde denunciaron hoxe que, tras dous anos da entrada en vigor da Lei da Dependencia, “non temos constancia de que ningún mariñán esté a cobrar as axudas que lle corresponden”.
Os representantes populares non dubidaron en calificar de “vergoñenta” esta situación, máxime se se ten en conta que o 10 por cento das persoas con dereito a recibir estas prestacións xa faleceron. Indicaron a este respecto que están incluso en disposición de facer pública a identidade dunha treintena destas persoas xa que contan coa pertinente autorización dos seus familiares para facelo.
Anunciaron, de feito, na súa comparecencia de hoxe en Riabadeo que a partir da agora nas Oficias do Deputado de Ribadeo e Viveiro, que foi onde recolleron as denuncias dos cidadáns sobre este particular, ofrecerán a todos os afectados que así o soliciten o asesoramento que precisen a efectos de formular as reclamacións que resulten pertinente e estimen oportunas.
Balseiro e Gueimunde reprocharon ó Goberno central e autonómico non facilitar información real sobre a aplicación da Lei da Dependencia na provincia de Lugo, xa que ou directamente non contestan, como é o caso da Xunta, ou falsean os datos.
Así, segundo puntualizaron, dende Madrid asegúrase que na provincia de Lugo hai 15.229 dependentes con dereito a recibir prestacións, mentres que en Santiago rebaixan a cifra ata os 11.757. En calquera caso, segundo salientaron, nestes intres só 159 lucenses están a recibir as axudas que lle corresponden.
Tanto María del Carmen Gueimunde como José Manuel Balseiro anunciaron que seguirán reclamando datos a este respecto no Senado e no Parlamento galego. Así, Balseiro xa indicou que, dado que dende o mes de xuño está agardando as explicacións da Xunta a este repecto, presentará de xeito inmediato unha interpelación no Parlamento.
OFICINAS DO DEPUTADO.-
Os representantes populares tamén indicaron que están gratamente sorprendidos pola gran cantidade de persoas que se achegan ás Oficinas do Deputado da Mariña para interesarse polos máis diversos asuntos e para denunciar situacións como a que se está a producir coa Lei da Dependencia.
Por este motivo e co obxectivo de facer máis operativo o funcionamento das Oficinas, anunciaron que vaise a modificar o horario de atención da ubicada en Ribadeo. Así, a partir de agora permanecerá aberta entre as cinco e as sete da tarde dos venres.
No que respecta á de Viveiro continuará co horario actual, é dicir, dende as 11 ás 13 horas, tamén os venres.

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



