Nota de Prensa
As concelleiras de Asuntos Sociais e Medio Rural deron a coñecer a programación prevista para os vindeiros meses
PARCHÍS, TUTE, TEATRO E OBRADOIROS DE REFORZO DA MEMORIA, PRINCIPAIS ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER EN CERVO
* Este ano como novidade as actividades desenvolveranse ao longo de todo o termo municipal xa que estenderanse aos centros sociais do rural.
Cervo, 03 de novembro de 2008.- Este mediodía as edilas de Asuntos Sociais e Muller; e de Patrimonio Rural e Deportes do Concello de Cervo, Pilar Armada e Cervo presentou o programa de actividades lúdicas de outono respectivamente, deron a coñecer xunto coa presidenta da asociación de mulleres rurais “As Espalladoras” Inés Cobas, a programación de actividades de lecer que se desenvolverán nos vindeiros meses de outono.
Unha das novidades deste ano é a organización dun campionato de tute e de parchís por parellas que de desenvolverá a modo de eliminatoria ao longo de todo o termo municipal. Os enfrontamentos celebraranse nunha primeira fase en cada un dos centros sociais situados nas parroquias do rural na vila de San Ciprián e na capital cervense. As parellas mellor clasificadas nesta primeira fase accederán a unha eliminatoria final da que saírán os tres primeiros clasificados.
NOVIDADES NOS OBRADOIROS DE MEMORIA
Este ano tamén terá lugar a celebración dos tradicionais obradoiros de reforzo da memoria. Poderán participar neles os veciños de Cervo con máis de 50 anos que desexen reforzar a súa capacidade de retención de ideas, recordos e imaxes. Coma novidade terá lugar un taller moi especial destinado a fortalecer as áreas de lingua e aritmética (lectura, operacións matemáticas e números) nas que todos os médicos e especialistas coinciden serven de “ximnasia para o noso cerebro”
Por outra banda, tamén se desenvolverá unha nova edición do taller de teatro. Unha actividade que celebra xa o seu terceiro ano de existencia e o cal serviu para a creación do grupo de teatro afeccionado Ardora de San Ciprián. Mari Paz Rodríguez dirixirá esta actividade.
Así mesmo está previsto celebrar unha nova edición de guateques polos distintos núcleos de poboación do termo municipal. Ata agora estes guateques víñanse celebrando os domingos, pero nesta edición os bailes organizaranse os sábados.
Nestas actividades organizadas polas concellerías de Medio Rural e Asuntos Sociais do Concello de Cervo colabora a asociación de mulleres rurais “As Espalladoras” .
INSCRICIÓNS ATA O 24 DESTE MES
O prazo de inscrición nestas actividades permanecerá aberto do 6 ao 24 do presente mes de outubro. Os interesados poderán inscribirse na Casa da Cultura de San Ciprián, no Concello de Cervo e en cada un dos centros sociais da zona rural nos horarios habituais de apertura.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



