RIBADEO .- Arrancan este mércores en Vilaselán os IV Foros Permanentes para a Muller, os denominados Foros en Outono. Será cun obradoiro de nutrición que impartirá Paz Otero, educadora de saúde, na Escola de Vilaselán a partires das oito e media da tarde.
Dirixido ás parroquias de Covelas, Cedofeita e Arante desenvolveráse o 21 de outubro un obradoiro de autocoidado, que impartirá Patricia Otero na Escola de Cedoita ás oito e media da tarde.
Os Foros en Outono continuarán o 22 de outubro no Círculo Habanero da Devesa, dirixido ás xentes desta parroquia e de Cinxe, co obradoiro do autocoidado, a cargo de Patricia Otero.
E en Ribadeo na Casa do Mar, o 23 de outubro, as enfermeiras do Centro de Saúde, Inmaculada Valledor e Consuelo Carballo, falarán da Rehabilitación do solo pélvico. Incontinencia urinaria femenina. Será ás oito e media da tarde. E o 30 de outubro, tamén na Casa do Mar e á mesma hora, Mariano Carreiro, psicólogo clínico da Unidade de Saúde Mental de Burela falará da Saúde mental na adolescencia.
Consello Municipal da Muller
Este xoves reúnese ás oito e media da tarde o Consello Municipal da Muller para falar das actividades que vai desenvolver no último trimestre do ano. Segundo explica Luisa González, responsable do CIM, “este órgano ten por obxecto promover a participación das mulleres na vida política e social da vila ribadense. Tamén se ergue coma órgano transmisor e vehiculizador das propostas que xurdan en calquera ámbito relacionadas coa problemática da muller. Un espazo propio onde as mulleres poden opinar sobre aquelas decisión municipais que lles van afectar”.
O Consello Municipal da Muller constituíuse no mandato pasado o 2 de marzo de 2005, dando comenzo nesa data a súa andaina “da man dun grupo de traballo estábel que procuran unha mellor calidade de vida para as mulleres desta vila”, engade Luisa González. O Consello Municipal da Muller está integrado por mulleres representantes das asociacións veciñais, das asociacións de mulleres, de asociacións sectoriais, de partidos políticos, sindicatos, técnicas de empresa, de igualdade e pola concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



