RIBADEO .- O Auditorio Municipal de Ribadeo acollerá os días 7 e 8 de novembro a cuarta edición da Escola Fermín Penzol que organiza a Universidade de Vigo coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Asociación Cultural Santirso del Eo.
As xornadas serán inauguradas o venres ás cinco da tarde polo rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez e polo coordinador da Escola Fermín Penzol, Xosé Henrique Costas. A conferencia inaugural será pronunciada ás cinco e media da tarde por Suso F.Acevedo e versará sobre Historia e escolma da prosa Eo-Naviae despois presentarase o libro A herdade que nós temos. Historia e escolma da prosa do Eo-Navia. Ás seis e media da tarde haberá un recital de poetas de Galiza e da terra Eo-Navia no que participarán Aurora G.Rivas, Lucía Iglesias, Quique de Roxíos, Belén Rico Prieto, Xavier Xil Xardón, Anxo Ratel, Silvia Penas, Eva Moreda e Isaac Subín. Xa para as oito está prevista a representación teatral de A casa de Bernarda Alba pola Escola de Teatro de Ribadeo.
O sábado a xornada dará comezo ás nove e media da mañá coa conferencia O teatro no Eo-Navia, a cargo de Rita Bugallo. Ás dez e media será a segunda charla do día que pronunciará Carlos X.Varela Aenlle sobre Fotografías antigas do Eo-Navia. Para as doce está prevista unha mesa redonda sobre Presente e futuro da música tradicional en Galicia e no Occidente de Asturias na que intervirán Abel Pérez Méndez, director da Escola de Música Tradicional de Santirso de Abres e Xaquín Xesteira, membro de Treixadura Gaiteiros e profesor de gaita na Universidade Popular de Vigo. Á unha e media terá lugar unha homenaxe musical e literaria da Escola Fermín Penzol no cemiterio de Castropol; ás catro e media visita guiada polas terras do Eo-Navia e ás nove da noite castañada popular en Teixois, en Taramundi.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



