Nota de Prensa
O BNG PLANTEXA VARIAS PROPOSTAS PARA O FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN MUNICIPAL.
Barreiros, 13 de decembro de 2008. O BNG plantexa varias propostas para o fondo estatal de inversión municipal no Concello de Barreiros ao que lle corresponden 574.504 euros. Son as seguintes:
EQUIPAMENTOS SOCIAIS E CULTURAIS: Dotación de mobiliario para a Casa da Cultura (leva 3 anos construida e sen abrir porque falta o mobiliario) e recuperación e dotación de locais sociais nas diferentes parroquias.
PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE: Limpeza das marxes e cauce do río Masma para a recuperación da fauna piscícola e posta en valor deste importante recurso natural e turístico que é unha antiga e constante reivindicación dos veciños e das asociacións de pescadores. Segundo os nacionalistas, é de urxente necesidade a limpeza das marxes, do cauce e do leito do río entre a zona comprendida e acotada (Celeiro de Mariñaos) e a desembocadura (Espiñeira) e tamén a chamada zona libre.
CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO MUNICIPAL E PATRIMONIO HISTÓRICO: Recuperación dos elementos etnográficos, arquitectónicos e de interés social e histórico de uso público nas diferentes parroquias. Posta en valor da antiga Ponte do Barral, no río Masma, (ponte do século XVIII, de interés arquitectónico que foi destrozada nun arranxo feito no ano 1984).
INFRAESTRUCTURAS: Redes de saneamento. Completar a rede de saneamento da costa e posibilidade de elaborar un proxecto de saneamento para a zona interior do concello.
NOVAS TECNOLOXÍAS: Achegar a todas as parroquias do concello os novos sistemas de telecomunicacións: internet, telefonía, televisión dixital terrestre…
O BNG de Barreiros intentará contrastar estas e outras propostas co movimento asociativo do concello e as diferentes parroquias a través dos seus representantes.
O prazo de presentación de solicitudes diante do goberno estatal comenzou o pasado 10 de decembro e rematará o 20 de xaneiro. O BNG solicitou no Congreso a través da súa deputada Olaia Fernández Davila unha ampliación de dito prazo.
As propostas do BNG de Barreiros analizaránse no pleno extraordinario convocado polo alcalde para o vindeiro 24 de decembro a iniciativa dos grupos da oposición.

















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



