Nota de Prensa
O BNG RECLAMA QUE SE TEÑAN EN CONTA OS INTERESES DOS VECIÑOS DE BARREIROS NO ACORDO PARA DESBLOQUEAR O CONFLICTO URBANÍSTICO DO CONCELLO.
Barreiros, 31 de xaneiro de 2009. O BNG de Barreiros non vai posicionarse polo de agora sobre o documento que lle foi remitido ao Concello o venres para tentar desbloquear a situación de parálise urbanística que sofre o concello. Os nacionalistas din que “non temos ese prototipo de convenio, non sabemos en que consiste pero facémonos moitas preguntas. Sería bó que alguen nos contestara, porque estas mesmas preguntas seguro que as están facendo tamén moitos barreirenses: ¿por qué o que non lle valía en 2007 nin en 2008 á Consellería de Política Territorial lle vale agora, de repente?”.
O grupo municipal do BNG considera que “tamén lle habera que explicar aos veciños e a nós si este amaño significa que se vai executar o convenio para o suministro de agua, por exemplo. ¿En qué van sair beneficiados os barreirrenses? Porque aquí vexo que ninguen está a defender os intereses dos barreirenses, hai algunha persoa que está defendendo outros intereses que non son precisamente os dos barreirenses. Queremos saber si se vai exectuar o convenio da auga, si se van garantir os servizos (eléctrico, o saneamento, os viais). ¿Eso vaise garantir si se da carpetazo ao que antes para a propia Consellería de Política Territorial era unha aberración?.
Os nacionalistas sinalan que “aos barreirenses tamén lles intereasa saber si esto significa que a vivenda vai ter un prezo accesible e aos propietarios tamén lles interesa se moitos deles van cobrar o que tiñan comprometido, incluso algúns tiñan algunha permuta de finca por pisos ¿vaise cumprir eso? Ou aqueles aos que se lles dera un anticipo de cartos e despois cando estivera feita e vendida a edificación o promotor lles ía pagar o resto ¿vaise cumprir esto?. Eso é o que lles preocupa aos veciños de Barreiros”.
O BNG de Barreiros manifesta que “o que non lles preocupa aos veciños de Barreiros é si aquí hai que salvar os intereses dalgunhas empresas ou non. Aquí hai que defender os intereses públicos, polo tanto desde o BNG de Barreiros non entendemos moi ben si algún cargo político supramunicipal está metido nesta especie de amaño”.
O Bloque anuncia que “mentras non vexamos sobre o papel que é o que se propón desde cada unha das partes nos non nos vamos pronunciar. Mentras tanto queremos que se nos resposte a estas preguntas, para saber quen vai defender os intereses públicos dos veciños de Barreiros. Porque estamos seguros de que nesa mesa por parte de responsables locais, nin provinciais, nin dos promotores para nada debatiron dos servizos que hai que dar aos veciños de Barreiros nin dos intereses públicos do municipio”.


















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



