SANIDADE DERIVA A PACIENTES DO CENTRO DE ORIENTACIÓN FAMILIAR -COF- ATA OS CENTROS DE SAÚDE
• As afectadas están a recibir unha misiva pola que son derivadas ao seu Centro de Saúde para que o médico de cabeceira determine se de novo deben acudir ao COF ou ao Hospital, mentres tanto desaparecen das listas de espera oficiais.
• A proba de citoloxía é un procedemento básico e periódico orientado a previr moitas enfermidades xinecolóxicas como o cancro de colo de útero. Moitos dos centros de saúde non dispoñen do instrumental, persoal e formación suficiente para efectualas
A Mariña, 27 de febreiro de 2009.- O número tres da candidatura do PPdeG por Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, denuncia publicamente unha práctica pola que a Consellería de Sanidade está a cancelar de xeito masivo as citas que moitas mulleres da nosa comarca tiñan con especialistas dos Centros de Orientación Familiar (COF) para someterse a probas preventivas e diagnósticas que deberan ser periódicas, como é o caso das citoloxías. A práctica consiste no envío dunha carta membretada polo departamento autonómico que dirixe a socialista Maria Jose Rubio e o propio SERGAS e asinada pola directora médica do Hospital da Costa. Nela, o sistema sanitario galego afirma ter coñecemento de que a muller receptora da misiva ten solicitado un control de saúde no Centro de Orientación Familar (COF) pese a iso deriva á paciente ata o Centro de Saúde coa escusa de evitar “esperas innecesarias”. Segundo se desprende da carta remitida, trátase de obrigar ao médico de familia a “determinar as atencións” que a muller precisa, “o lugar e o profesional sanitario que debera prestar estas atencións” sen descartar polo tanto que sexa novamente derivada ao COF ou ao hospital.
Balseiro explica que se trata dun exemplo máis da tantas veces denunciada maquillaxe das listas de espera. Mentres espera a que chegue o día da súa cita no Centro de Saúde desaparece da lista de espera do COF, maila que probablemente logo terá que volver a este servizo. “Non ten ningún sentido facer isto sobre todo cando, como é o caso, a muller estaba tiña que someterse a unha citoloxía, unha proba preventiva que debera ser como mínimo de periodicidade anual -demora superada amplamente no caso do que estamos a falar- e que ten por obxecto evitar e tratar con atención temperá diversas enfermidades xinecolóxicas.
FALTA DE MEDIOS
Na misiva pola que se procede á cancelación da cita co COF e se deriva á muller paciente ata o seu Centro de Saúde faise referencia as bondades do novo Plan Integral da Saúde das Mulleres. O que desde a Consellería socialista esquecen explicar é que neste documento marca como obxectivo realizar a proba de citoloxía na Atención Primaria en máis do 60% dos casos, pero os Centros de Saúde non dispoñen nin do aparataxe nin do persoal ou formación necesaria para desenvolvelas ou facer o referido diagnóstico ou criba.
CITOLOXÍA PROBA PREVENTIVA BÁSICA E PERIÓDICA
As citoloxías son unhas probas xinecolóxicas vitais para previr o cancro de cérvix -colo de útero- e detectar a infección polo virus do papiloma humano. Consisten no estudo das células obtidas no útero e constitúe a proba máis eficaz para a prevención deste tipo de enfermidades. Na actualidade, o cancro cervical é a segunda causa máis común de morte por cancro (so superada polo cancro de mama) entre as mulleres de entre 15 a 44 anos en toda Europa. A citoloxía forma parte da revisión xinecolóxica anual que debera realizarse na sanidade pública máis este tipo de cancelacións das citas con médicos especialistas do COF poñen en serio risco a estar persoas e contribúen a desbotar os esforzos por implantar a cultura da prevención no relativo á saúde das mulleres. De verse obrigadas a acudir á sanidade privada esta proba diagnóstica suporía un custe superior aos 80 euros.
MÚLTIPLES DENUNCIAS DAS USUARIAS
O Partido Popular de Galicia tivo coñecemento deste e doutros moitos casos similares a través das denuncias que achegan moitos veciños da comarca empregando as oficinas do deputado (sitas en Viveiro e Ribadeo) ou incluso, nos últimos días, nos encontros que teñen lugar con ocasión dos actos electorais. As cancelacións masivas das citas cos especialistas médicos e as listas de espera no Hospital e nos Centros de Saúde están a ser dúas das cuestións máis preocupan aos veciños da Mariña lucense conscientes de que nos últimos catro anos se está a rexistrar un deterioro progresivo do sistema público de saúde.
UNIDADES DE ATENCIÓN INTEGRAN ÁS MULLERES
Precisamente no día de onte o Partido Popular de Galicia (PPdeG) ofrecía unha medida que pode servir de solución en positivo á problemática descrita. Balseiro Orol deu a coñecer a intención da formación política á que pertence de poñer en marcha Unidades de Atención Integral ás Mulleres en cada comarca destinadas a desenvolver programas asistenciais específicos para elas e que contarán cun amplo cadro de persoa composto por médicos de familia, un especialistas en xinecoloxía, matronas, enfermeiras, psicólogas, traballadoras sociais e orientadores xuvenís. Todo isto evidencia o grande compromiso do futuro Goberno de Feijóo coas mulleres e coas súas problemáticas específicas en distintos ámbitos e, de xeito especial no da saúde.















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



