XOVE .- A corporación municipal de Xove celebra o luns, día 9, un pleno ordinario no que se someterá a aprobación o expediente número 3/2000 de modificación de crédito do orzamento municipal do exercicio de 2009 por importe de 188.000 euros. O pleno tamen dará conta da liquidación do orzamento municipal correspondende ó exercicio do ano 2008.
Nota de Prensa
CONVOCATORIA Da SESIÓN ordinaria Do PLENO DE 9 DE marzo de 2009.
Polo Sr. Alcalde, convócase sesión ordinaria do Pleno Municipal, para o 9 de marzo de 2009, LUNS ás 19 horas, en primeira convocatoria, e no seu caso dous días despois en segunda convocatoria, baixo a orde do día que se sinala seguidamente:
1º.- APROBACIÓN DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES DE 12 E 31 DE XANEIRO DE 2009. ADOPCION DE ACORDO.
2º.- EXPEDIENTE Nº 3/2000 DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO EXERCICIO DE 2009 POR IMPORTE DE 188.000€. APROBACIÓN INICIAL. ADOPCIÓN DE ACORDO.
3.- PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE MODIFICACION DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA. APROBACIÓN INICIAL, ADOPCIÓN DE ACORDO.
4.- PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE MODIFICACIÓN E REFUNDICIÓN DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO, FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA PISCINA MUNICIPAL E INSTALACIÓN ANEXAS, E DA ORDENANZA FISCAL REGULAMENTADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVIZO DE PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL E INSTALACIÓN ANEXAS. APROBACIÓN INICIAL. ADOPCIÓN DE ACORDO.
5º.- LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO MUNICIPAL CORRESPONDENDE Ó EXERCICIO DE 2008. DAR CONTA.
6º.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG, VERBO DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIÓNAL DAS MULLERES. ADOPCIÓN DE ACORDO.
7º- ROGOS E PREGUNTAS.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



