RIBADEO .- Abriu a terceira edición da exposición de arte contemporáneo Mariñaarte no Forte de San Damián en Ribadeo, durante un acto no que tomaron parte o delegado da Área de Cultura de Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez, e varios dos artistas que expoñen as súa obra nesta mostra. En Mariñaarte poden contemplarse traballos de Jorge Monlongo, David Ribas, David R. Cases, Álvaro Casado, Julia Díaz, Ánxela López, Patricia Gómez, Adriana Pardo, Oliver Requeijo, Esteban Bermúdez e Xosé Quiroga.
NOTA DE PRENSA
A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN PROMOVE UNHA NOVA EDICIÓN DA EXPOSICIÓN DE ARTE CONTEMPORÁNEO MARIÑAARTE
Antonio Veiga salientou que iniciativas culturais coma esta “fomentan e dan a coñecer a obra e os artistas máis novos da zona da Mariña”
O Forte de San Damián acolle esta mostra ata o vindeiro 26 de abril
LUGO, 4 de abril de 2009. O delegado da Área de Cultura de Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, inaugurou este sábado a terceira edición da exposición de arte contemporáneo Mariñaarte no Forte de San Damián en Ribadeo. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez, e varios dos artistas que expoñen as súa obra nesta mostra.
Nesta última edición, Mariñaarte tenta achegar ao público a obra dos artistas máis novos da comarca da Mariña. Finalmente participan na mostra un total de 11 artistas: Jorge Monlongo, David Ribas, David R. Cases, Álvaro Casado, Julia Díaz, Ánxela López, Patricia Gómez, Adriana Pardo, Oliver Requeijo, Esteban Bermúdez e Xosé Quiroga. A pintura, a fotografía, o performance, a videocreación e a escultura son algunhas das expresión artísticas empregadas por estes autores para plasmar a súa persoal e sorprendente visión do mundo.
Na súa intervención, Antonio Veiga resaltou a importancia da posta en marcha deste tipo de iniciativas culturais que “impulsan e dan a coñecer, nesta ocasión, a obra e os artistas máis novos da Mariña”. Ademais, esta exposición tenta achegar a arte contemporánea actual ao público en xeral pero, poñendo especial énfase en “espertar certa curiosidade por este mundo entre os rapaces e rapazas da zona”.
A elaboración dun catálogo e a posibilidade de que os alumnos de Primaria, ESO, Bacharelato e dos Ciclos Formativos realicen visitas guiadas ao Forte de San Damián completan a oferta cultural vinculada á mostra. Por último, cómpre salientar que a Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora co Concello de Ribadeo, La Caixa e outros pequenos comercios na zona que organizan esta terceira edición da exposición Mariñaarte que se poderá visitar ata o vindeiro 26 de abril.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



