SAN CIBARO .- O Delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, informou do próximo comezo das obras no edificio que alberga ao museo do Mar en Cervo. As obras terán como obxecto a instalación de un novo canalón cos seus correspondentes baixantes e sistema de evacuación de augas pluviais.
Nota de Prensa
O DELEGADO DE CULTURA DA DEPUTACIÓN ANUNCIOU A INSTALACIÓN DUN NOVO SISTEMA DE RECOLLIDA DE AUGAS PLUVIAIS NO EDIFICIO DO MUSEO DO MAR
Antonio Veiga informou que se acometará a instalación de este sistema para evitar o deterioro deste edificio polas filtracións de humidade
San Cibrao, 16 de abril de 2009. O Delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, informou do inminente comezo das obras no edificio que alberga ao museo do Mar en Cervo. As obras terán como obxecto a instalación de un novo canalón cos seus correspondentes baixantes e sistema de evacuación de augas pluviais. Con estas obras, que se iniciarán a vindeira semana, acometerase a renovación dos canalóns no perímetro de todo o edificio e instalaranse un total de cinco baixantes para a condución das augas pluviais. Tamén se soterrarán 35 metros de tubaria de pvc para o correspondente desaugue.
Antonio Veiga fixo fincapé en que para a Área de Cultura non so é unha obriga darlles contido ás instalacións museísticas se non que ademais “temos a responsabilidade de conservar e manter os edificios”. Esta obra terá un custo total de 3.500 euros. Grazas á instalacións de estes novos canalóns de aluminio lacado evitarase a escorrentía de auga polas paredes do edificio e as conseguintes filtracións cara o interior.
O Museo do Mar debe o seu nacemento no ano 1969 a D. Francisco M. Rivera Casás que exerceu a súa profesión de mestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao. Dende 1994 da Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao ocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugo se fixo cargo da súa dirección a través do Museo Provincial de Lugo. O Museo conta con catro salas:
A primeira sala mostra documentación gráfica, maioritariamente fotografías, de San Cibrao así como da flota galega dos primeiros anos do século XX e unha máquina de vapor.
A segunda sala está dedicada á caza das baleas en San Cibrao (da que xa existen documentos no século XVI) nela amósanse restos óseos de baleas capturadas en San Cibrao, algúns do S.XVIII, e con medidas que poden acadar os catro metros de lonxitude. Expóñense tamén útiles usados no despezamento destes cetáceos. A sala complétase con paneis informativos sobre os diferentes tipos de baleeiras, unha clasificación xenérica dos tipos de cetáceos e o aproveitamento da balea.
A terceira mostra unha colección malacolóxica onde se poden observar numerosas pezas agrupadas nos cinco principais grupos de moluscos.
A cuarta está composta por abundante instrumental de navegación como compases, sextantes, rodas de temón, farois, áncoras, cartas náuticas, etc.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



