BARREIROS (FNC) .- O Concello de Barreiros homenaxeou onte ao xogador barreirense Borja Rocha Vázquez que foi campión de España coa selección galega sub-20 en Santiago de Compostela. O acto desenvolvéuse antes da charla O delegado dun equipo de élite que pronunciou onte pola noite Manolo Cadramón, delegado do Azkar Lugo F.S. O alcalde, Alfonso Fuente, entregóulle a Borja Rocha unha figura coa fachada do Concello de Barreiros.
Por outra banda, a intervención de Manolo Cadramón dunha hora e cuarto de duración foi seguida con atención polo público asistente ao Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Cadramón explicou como funciona un equipo de fútbol sala durante unha semana a nivel de sesións de adestramento, material, hoteis, horarios, comidas e outras moitas curiosidades e tamén falou do manexo do programa de estadísticas dos partidos e da proxección dos videos para estudiar ós equipos rivais.
A charla foi organizada polo Concello de Barreiros, a través das Escolas Deportivas Municipais e en colaboración co Azkar Lugo F.S.