Os días 23 e 24 de maio, vaise impartir un curso “Delica Miyuki” na Casa da Cultura de San Ciprián, nel podemos aprender a confeccionar pulseiras, colgantes e colares con pedrería.Será impartido por Silvia Heres en horario de mañá e tarde (9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 h). O curso está organizado por Mª Luz Méndez e colabora a delegación de Muller do Concello de Cervo, que dirixe Pilar Armada. O prazo de inscrición remata o xoves 21 de marzo. Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Mª Luz nos teléfonos 982595148 e 690101018.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



