SAN CIBRAO .- Un grupo de persoas da asociación de amas de casa Alborada de San Cibrao, no Concello de Cervo, participa no programa km0 da Deputación e visitan, este martes, o conxunto etnográfico do Mazo de Santa Comba e desprazáronse á Ribeira Sacra para facer unha travesía en catamarán polos Canóns do Sil e visitar os Muíños de Xábrega.
Por outra banda, O xoves, 55 membros da asociación de pais de alumnos do colexio Divino Maestro de Lugo coñecerán o Centro de Intepretación Terras do Miño e despois desprazaranse ó Concello do Vicedo. Na Mariña visitarán a Ponte de Ferro, o Mirador de Estaca de Bares e o porto.
Nota de Prensa
A Ribeira Sacra, A Mariña e O Piornedo, destinos esta semana de Km0
Alumnos do CEIP de Palas de Rei e veciños de Cervo e Lugo participan no programa de visitas institucionais promovido pola Deputación
Veciños de Cervo, Lugo e Palas de Rei participan esta semana no programa de visitas Km0 que promove a Deputación, e que ten por obxectivo dar a coñecer ós lucenses a riqueza medioambiental e paisaxística da nosa provincia e favorecer a nosa economía. Nesta ocasión, os destinos elexidos son a Ribeira Sacra, O Vicedo e O Piornedo.
Este martes un grupo da Asociación de Amas de Casa Alborada de San Cibrao, no Concello de Cervo, foi recibido no Pazo de San Marcos. Trala recepción, visitaron o conxunto etnográfico do Mazo de Santa Comba e desprazáronse á Ribeira Sacra para facer unha travesía en catamarán polos Canóns do Sil e visitar os Muíños de Xábrega.
Mañana Km0 viaxará de novo á Ribeira Sacra. Neste caso, varios membros da Asociación de Dano Sobrevido de Lugo coñecerán en primeiro lugar o traballo que está a desenvolver o Centro de Artesanía e Deseño, e xa en Doade disfrutarán dun percorrido polos Canóns do Sil. Tamén visitarán un centro de oleiría de Gundivós.
O xoves, 55 membros da Asociación de Pais de Alumnos do Colexio Divino Maestro de Lugo coñecerán o Centro de Intepretación Terras do Miño e despois desprazaranse ó Concello do Vicedo. Na Mariña visitarán a Ponte de Ferro, o Mirador de Estaca de Bares e o porto do Concello.
Por último, o venres 36 alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Palas de Rei viaxarán con Km0 ó Concello de Cervantes, onde coñecerán as pallozas do Piornedo e a igrexa de Donís. A ruta completarase cunha visita ó Centro de Interpretación Terras do Miño .




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



