FOZ .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, resolveu a adxudicación definitiva das obras de acondicionamento da estrada de Pozomouro a A Espiñeira por un importe total de 229.564 euros. Os traballos, que consisten na adaptación da estrada LU-150 ao plan de baixa de IMD (Intensidade Media Diaria) rematan de cara ao final de ano.
Nota de Prensa
A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA POZOMOURO-A ESPIÑEIRA POR PRETO DE 250.000 EUROS
? Esta obra beneficiará a máis de 13.000 persoas dos concellos lucenses de Foz e Barreiros. Ten unha lonxitude de case un quilómetro
? Esta mellora desenvolverase nun único tramo, que conecta as zonas de Pozomouro (N-634) e A Espiñeira (N-642)
? A empresa adxudicataria destas obras é CRC Obras y Servizos e rematará as obras a finais do presente ano
Foz (Lugo), 10 de xuño de 2009.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de resolver a adxudicación definitiva das obras de acondicionamento da estrada LU-150 Pozomouro (N-634)-A Espiñeira (LU-642), por un importe total de 229.564 de euros.
Esta obra, que levará a cabo a empresa CRC Obras y Servizos, desenvolveranse ao longo dos vindeiros seis meses, polo que as os traballos rematan de cara ao final de ano. Este vial pertence á Rede Secundaria de Estradas da Xunta de Galicia.
Este proxecto, financiado pola consellería que dirixe Agustín Hernández, consiste na adaptación da estrada LU-150 ao plan de baixa de IMD (Intensidade Media Diaria). Polo tanto, a empresa adxudicataria dará unha solución construtiva óptima, co detalle suficiente para facer factible a súa construción e posterior explotación.
Así, as condicións deste tramo melloraranse con dous carrís de 3 metros cada un, dúas beiravías e unha cuneta de 1,25 metros nos 660 primeiros metros do treito. A partir do punto quilométrico 0.66 ata o final, as beiravías estreitaranse (terán unha anchura de 0,50 metros), mentres que os carrís manterán o seu ancho.
Esta adaptación beneficiará aos veciños dos concellos lucenses de Foz e Barreiros, polo que darán servizo a máis de 13.132 habitantes destes dous concellos lucenses. Cómpre destacar que nos meses estivais o número de usuarios deste tramo se incrementará, xa que estes dous concellos da Mariña lucense son destinos vacacionais frecuentes para moitos galegos.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



