CERVO .- A Concellaría de Muller do Concello de Cervo, da que é responsable Pilar Armada, organiza en todos os centros sociais unha velada de peche dos Obradoiros de Memoria na que actuará a Coral Terramar. A cita terá lugar o domingo 28 de xuño, a partir das 20 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
NOTA DE PRENSA
No transcurso do mesmo procederase á entrega de trofeos aos ganadores dos campionatos de tute e parchís, así como dos diplomas acreditativos aos participantes nas actividades organizadas dentro do programa “Ao teu carón” que serviu de pulo á actividade nos centros sociais do rural
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
CERVO ORGANIZA UNHA VELADA DE PECHE DOS EXITOSOS OBRADOIROS DE MEMORIA COA ACTUACIÓN DA CORAL TERRAMAR
* O acto terá lugar o domingo 28 de xuño, ás 20 horas, no Auditorio Municipal da Casa da Cultura.
* Os distintos obradoiros foron impartidos por Susana Souto e promovidos pola Concellaría de Muller que dirixe Pilar Armada.
Cervo, 23 de xuño de 2009.- Un ano máis finalizan polo grande os exitosos obradoiros de memoria que a Concellaría de Muller do Concello de Cervo organiza en todos os centros sociais. Nesta ocasión a edil do Partido Popular, Pilar Armada, convida aos participantes a unha velada de peche na que actuará a Coral Terramar. A cita terá lugar o domingo 28 de xuño, a partir das 20 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
No transcurso da devandita velada procederase tamén á entrega dos trofeos aos ganadores dos campionatos de tute e parchís, así como dos diplomas acreditativos dos distintos participantes nas actividades desenvolvidas nos últimos meses dentro do programa Ao teu carón, iniciativa posta en marcha polo Goberno municipal e que serviu de pulo para dinamizar a actividade nos distintos centros sociais que o Concello de Cervo ten distribuídos nas distintas parroquias do termo municipal.
CAMPIONATO DE TUTE
Disputouse nunha primeira fase polas distintas parroquias do rural, a parella gañadora de cada centro social disputou a final en San Ciprián. Co seguinte resultado:
1º premio: Lucía Viruega e Maida García (Río Covo)
2º premio: Angélica Dopico e Libertad Balseiro (San Román)
3º premio: Mª Dolores Díaz e Marina Díaz (Trasbar)
CAMPIONATO DE PARCHIS
Desenvolvido na Casa da Cultura de San Cibrao, co seguinte resultado:
1º premio: Mª Carmen Suárez e Víctoria Muñiz
2º premio: Mª Carmen Rodríguez e María Luísa
3º premio: Juani Repullo e Josefina Esteiro
OBRADOIROS DE MEMORIA
Pero, sen lugar a dúbidas, a actividade que tivo un maior éxito foi o xa tradicional programa para o desenvolvemento da memoria nas persoas maiores que, nesta edición ampliou a posibilidade de inscrición aos maiores de 55 anos.
A memoria é unha das facultades que antes se deteriora co paso do tempo e, ao mesmo tempo, unha facultade cuxa perda provoca gran desazón e inseguridade. Os obradoiros de Memoria están pensados para desenvolver hábitos e condutas que faciliten a conservación desta facultade e, ao longo dos últimos anos, contan cunha gran participación de veciños e veciñas do noso concello.
.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



