CERVO .- O goberno municipal de Cervo aprobou en solitario o orzamento xeral para este ano que contempla uns gastos por importe de 5,9 millóns de euros e uns ingresos de 7,6 millóns de euros. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, indicou que “os presupostos inspírase nos principios de rigor, austeridade e optimización dos recursos propios, priman o gasto social e o investimento en programas educativos, seguridade, cultura e limpeza”
NOTA DE PRENSA
A sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal celebrada na tarde de hoxe deu o visto e prace, cos votos do Equipo de Goberno, ás contas municipais para o presente exercicio autorizando un gasto próximo aos seis millóns de euros
O PLENO DO CONCELLO APROBOU OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA 2009
• Os presupostos inspírase nos principios de rigor, austeridade e optimización dos recursos propios, priman o gasto social e en programas educativos, seguridade, cultura e limpeza
• O Alcalde subliñou que a débeda viva do Concello redúcese considerablemente, respecto á rexistrada fai nove anos, situándose por debaixo do límite de endebedamento autorizado pola Lei para as administracións locais.
• A Corporación Municipal autoriza a subscrición dun programa de préstamos a baixo interese por valor de 800.000 euros cos que axilizar o pago aos provedores e asumir novos investimentos en obras e servizos públicos.
Cervo, 17 de xullo de 2009.- Na sesión extraordinaria do Pleno municipal celebrada na tarde de hoxe foi aprobado inicialmente o Orzamento Xeral do Concello de Cervo para o presente exercicio 2009. Os votos a favor do Equipo de Goberno, do Partido Popular, foron suficientes para autorizar un Estado de Gastos próximo aos seis millóns de euros (5.924.864,61 euros) e unha previsión de ingresos que ascende a 7.602.479,51 euros.
O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares explicou que os presupostos inspírase nos principios de rigor, austeridade e optimización dos recursos propios, priman o gasto social e o investimento en programas educativos, seguridade, cultura e limpeza.
AUSTERIDADE, REALISMO, CREDIBILIDADE
O Equipo de Goberno pretende dar, a través destas contas unha mellor resposta á difícil situación económica do país, contribuíndo á súa superación a través da posta en marcha dun plan de austeridade e control dos gastos correntes. De feito, desde o Concello quíxose lanzar unha mensaxe de confianza e credibilidade na institución municipal, en contraste coa desconfianza que xera o Goberno Central do PSOE en materia económica.
Villares explicou que para o ano 2009 increméntase o orzamento de Gastos de Investimento, entre outro para acometer as seguintes actuacións:
21.288,32 euros para o proxecto de mellora informática e administrativa do Concello, que suporá o achegamento das vantaxes que ofrece as novas tecnoloxías da comunicación e información, racionalización dos procesos administrativos e mellor do sistema de recadación.
27.6000 euros para as obras do POS a través das que se executa o saneamento de O Castro-Castelo e Madeiro.
34.000 euros para a reparación dos reemisores e compra dos novos equipos nas antenas de televisión de San Roman, Cuiña e Espiñeirido afectadas polo temporal Klaus. Aproveitouse para a modernización dos equipos conforme á nova tecnoloxía analóxica.
50.000 euros para a rede de alumeado público, mantemento e modernización da súa infraestrutura.
Por clasificación funcional as contas municipais establecen a seguinte previsión de gastos:
• Seguridade: 118.361,94 €
• Protección Civil: 163.305,06 €
• Acción Social: 748.686,06 €
• Promoción do Emprego: 24.000,00 €
• Ensino: 266.115,25 €
• Brigada de obras, urbanismo e arquitectura: 2.389.381,66 €
• Saneamento, abastecemento e distribución de auga: 222.681,82 €
• Xestión de residuos urbanos (lixo): 230.000 €
• Promoción e Difusión da Cultura: 163.727,54 € (inclúe 55.000 euros en subvencións ás comisións de festas, colectivos cívicos e asociacións)
• Educación Física, Deporte: 238.774,68 €
• Arqueoloxía, protección do patrimonio artístico: 10.000,00 €
• Estradas veciñais e vías públicas: 35.536 €
• Turismo: 14.000 €
• Mellora do Medio Natural: 3.000 €
En materia de ingresos
| Orzamento de Ingresos. |
|
|
|
|
|
2.008 |
2009 |
VARIACION |
% |
|
| A) OPERACIÓNS CORRENTES. |
5.257.926,75 € |
5.401.756,11 € |
143.829,36 € |
2,735% |
| 1. IMPOSTOS DIRECTOS. |
1.649.327,00 € |
1.890.969,82 € |
241.642,82 € |
14,651% |
| 2. IMPOSTOS INDIRECTOS. |
700.000,00 € |
218.872,76 € |
-481.127,24 € |
-68,732% |
| 3. TAXAS E OUTROS INGRESOS |
1.851.720,74 € |
1.809.710,72 € |
-42.010,02 € |
-2,269% |
| 4. TRANSFERENCIAS CORRIENTES |
1.046.379,01 € |
1.445.975,20 € |
399.596,19 € |
38,188% |
| 5. INGRESOS PATRIMONIAIS |
10.500,00 € |
36.227,61 € |
25.727,61 € |
245,025% |
| B) OPERACIÓNS DE CAPITAL |
2.490.319,49 € |
2.200.723,40 € |
-289.596,09 € |
-11,629% |
| 6. ENAXENACIÓN INVERSIONS REAIS |
1.578,75 € |
1.578,75 € |
0,00 € |
0,000% |
| 7. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL |
1.013.574,12 € |
1.392.585,23 € |
379.011,11 € |
37,394% |
| 9. PASIVOS FINANCIEROS |
1.475.166,62 € |
806.559,42 € |
-668.607,20 € |
-45,324% |
|
TOTAL |
7.748.246,24 € |
7.602.479,51 € |
-145.766,73 € |
-1,881% |
No capítulo de gastos as contas municipais reflicten a revisión que o Goberno central efectuou na tributación dos Bens Inmobles de Características Especiais (IBICES) como son o porto comercial de Alcoa ou o encoro de Río Cobo, sumado á perda de ingresos derivados da paralización da expansión urbanística. Ao mesmo tempo tamén incorporan o aforro millonario que supuxeron o pronunciamento favorable da Xustiza, en ámbitos como os procesos seguidos contra a construtora Coto ou polo plan Placer. O Goberno municipal sempre defendeu que non tería que abonarse as cantidades pendentes por estos conceptos dada a irregularidade das obras e servizos vinculadas a estes proxectos que no seu día puxo en marcha o Goberno do PSOE.
POR DEBAIXO DO LÍMITE DE ENDEBEDAMENTO QUE PERMITE A LEI
As cifras avalan o proceso de saneamento iniciado fai dez anos tras o acceso do Partido Popular á responsabilidade do Goberno municipal. Mentres que en 1999 esta índice de endebedamento bancario en relación cos ingresos correntes era dun 160,32% a finais deste ano pasará a ser do 107%, isto é, unha cifra inferior á máxima legalmente prevista, que é do 110%. No último decenio o endebedamento bancario do Concello de Cervo baixou en máis de 53 puntos porcentuais.
A evolución positiva do endebedamento bancario xa inclúe a operación de préstamo que por valor de 800.000 euros o Pleno da Corporación autorizou subscribir ao Goberno municipal tamén na sesión de hoxe. Deste xeito o Concello de Cervo poderá axilizar o pago aos provedores e autónomos e facelo ademais contando con novos recursos a un tipo de interese baixo e co aval da administración central. Esta operación de crédito desenvólvese ao abeiro do Real Decreto Lei 5/2009 que contempla medidas extraordinarias de apoio aos concellos.
O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou que o Goberno Municipal elaborou un orzamento para o exercicio 2009 que prevé un investimento en gastos por valor de euros e uns ingresos de euros. Deste xeito as contas municipais rexistrarán no presente ano un superávit próximo aos 1,6 millóns de euros o que implica unha aposta decidida polo saneamento da Facenda municipal xa que o desequilibrio a favor dos ingresos ten por obxecto compensar os remanentes de tesourería negativos cos que pechou o exercicio 2008.
CONXELACIÓN DOS GASTOS DOS ÓRGANOS DE GOBERNO
En contraste con esta situación no 2009 conxelaranse as retribucións que obteñen os órganos de Goberno. Non se procede á actualización desta partida, polo que as retribucións dos concelleiros, asistencias a plenos, etc… quedan igual que no ano 2008. A maiores hai que engadir a supresión dunha dedicación exclusiva, co conseguinte aforro, para as arcas municipais.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



