LUGO .- O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, presentou este martes un microespazo aloxado na web da Vicepresidencia Primeira desta institución que se atopa ao dispor de todas as entidades culturais e deportivas existentes ao longo da xeografía lucense. Tal e como explicou o nacionalista, “aproveitando as facilidades que nos ofrece a rede, pretendemos converter este espazo nun lugar de encontro, no que as asociacións e clubs poidan ofrecerlle á cidadanía a maior cantidade de información posible vinculada co funcionamento da súa propia entidade”. Deste modo, “tentamos tamén favorecer as relacións e as interaccións entre as asociacións para impulsar a consolidación dun movemento asociativo máis dinámico”, asegurou.
Ao longo da súa intervención, Antón Bao salientou que este proxecto, promovido pola Área de Cultura e Deporte da Deputación, tomou forma grazas á implicación das propias asociacións que instaron á Deputación de Lugo a deseñar e a pór en marcha un espazo dirixido principalmente a estas entidades dentro do website institucional. Logo disto, o nacionalista comentou que a navegación neste microespazo se realiza grazas a un mapa interactivo no que o usuario pode rastrexar as entidades culturais e deportivas existentes en cada unha das comarcas lucenses. Unha vez que se accede ao microsite da entidade en cuestión, o usuario ten ao seu dispor a información básica e as actividades desenvolvidas ao longo do ano pola asociación ou club, ademais dunha serie imaxes promocionais e os enderezos e teléfonos de contacto. Pese a que algúns dos espazos aínda están en construción, o vicepresidente da Deputación de Lugo salientou que polo de agora son máis de 40 as entidades culturais e deportivas que xa solicitaron a súa incursión nesta iniciativa. Con todo, o nacionalista agarda que o número de solicitudes incremente nos vindeiros días cando as asociacións e clubs analicen a documentación informativa que lles foi enviada hai tan só uns días.
Todas aquelas asociacións e/ou clubs que estean interesados en participar, de xeito totalmente gratuíto, neste innovador proxecto deben poñerse en contacto coa Área que Cultura e Deporte da Deputación de Lugo a través do seguinte enderezo electrónico asociacions@v1deputacionlugo.org ou no teléfono 982 260 262.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



