NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela, decepcionado coa postura do alcalde con respecto ó vial Barreiros-San Cibrao.
Os populares afirman que na reunión de onte o alcalde non aportou ningún documento de traballo.
Alertan que “é sospeitoso que o alcalde só fale do aumento do prazo de alegacións”.
O GMPP de Burela puxo hoxe de manifesto a súa decepción logo da reunión celebrada onte luns no concello, para adoptar posturas comúns sobre as alegacións a presentar ó trazado do vial Barreiros-San Cibrao ó seu paso por Burela, dado que o alcalde non aportou ningún documento de traballo e ademais, insistindo tanto como insiste, faise sospeitoso que o alcalde só fale da prórroga do prazo de alegacións”.
Para os populares, a indefinición e a ausencia de compromiso foi o tono dominante no discurso do alcalde, que repiteu o que xa manifestara na prensa, e que dixo que para a próxima semana virían os técnicos do plan xeral. Con respecto á reunión da semana pasada, non se avanzou nada.
O GMPP, que estivo representado na reunión por González Barcia, Luis Pedre e Pablo Pernas, solicitou reiteradamente compromisos firmes por parte do alcalde: data de reunión co ministro, data de reunión cos responsables de Estradas do Estado em Galicia, data de presentación de alegacións, data de reunión para consensuar as alegacións que está preparando O Vencello côas que faiga a empresa que redacta o PXOM, etc. A todo esto o alcalde só dixo que probablemente se ampliaría o prazo de presentación de alegacións, porque el así o pediu por escrito, cando este é un aspecto que vén fixado por lei, e no concello, a media mañán de hoxe, non había ningún documento que conceda ampliación do prazo. Tamén dixo que o concello tiña un mes máis para alegacions, e eso é radicalmente falso, porque sería ir contra a norma en vigor. O único claro é que o anuncio do Boletín Oficial do Estado do día 23 de Xuño dá trinta dias hábiles de prazo, e non hai máis que falar, hai que traballar con ese prazo e non con ningún outro.
Os populares lembran que a única organización que presentou unha programación do traballo foi o PP, xa o pasado 26 de Xuño, que xunto cun estudio de alegacións que tén feito O Vencello son os únicos documentos que se están a manexar. Por non estar, onte non estaba na reunión nin o técnico municipal nin ningún representante da empresa que elabora o PXOM; polo tanto, o alcalde non tiña ningún documento para comenzar a traballar.
Por outra parte, o alcalde afirmou que o PP ia á reunión facer política. A este respecto, queremos decir que nós vamos ás reunións en representación de un partido político que á súa vez representa practicamente á metade do electorado burelés; ademais, consideramos que temos a obriga e o dereito de expresar nas reunións o que pensamos e o que cremos que se debe facer. E desde logo non estamos dispostos a ir ás reunións e calar a boca, e que se nos pida facer profesión de Fe das palabras do alcalde, que non nos está demostrando nada. Reiteramos que quen está a presentar propostas é o PP e tamén O Vencello, que onte acudiu á reunión cun estúdio previo de alegacións. Se O Vencello puido facelo, tamén, e con máis motivos e medios, puido facelo o alcalde e non o fixo; polo que nos preguntamos, por que non o fixo?.
Finalmente, o PP ratifícase en que continuará aportando propostas e continuará traballando para que o Ministerio de Fomento cambie de criterio e o novo vial non afecte a Burela. Os veciños de Burela deben saber que se chegou a esta situación porque o alcalde non foi a Madrid, nunca, para falar de este tema. E agora tampouco tén moitas gañas de ir, e hasta dubidamos de que falara co ministro ou que lle pedira a entrevista. O PP irá a Madrid sempre que faiga falta, como se hai que ir catro ou cinco veces.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



