VIVEIRO .- A participación galega, auspiciada pola Fundación de Artesanía e Deseño,dependente da Consellería de Industria, esta formada por seis artesáns, ademais de REGAL CERÁMICA esta SILVAREIRA, ARDENTIA, ROSA MENDEZ, A BÖCÖQUE, PACA PECA E ARELA de Xoiería.
Regal Cerámica está nesta ocasión situado no Pavillón 3, caseta 3.0 *C06, “Manufafakturen & Colectables” é dicir pezas feitas a man e de coleccionistas.
O eixo estratéxico da exposición xira ao redor do concepto da especificidade, coa exaltación das prerrogativas que fan que a feira alemá sexa moi diferente e orixinal con respecto aos principais competidores internacionais. “A nosa participación, noutras ocasións participamos en feiras de Xapón e Paris, pretende abrir mercados de face a Europa”.
Cerámica artística en “gres en alta temperatura, pezas de mediano e gran tamaño, destinadas a tendas de obxectos de arte, decoración de interiores e mobiliario entre as que cabe destacar unha colección de “Pezas únicas” Esculturas *numeradas e asinadas con cor e deseños vangardistas.
Tendence é o mellor reflexo do dinamismo e do carácter emprendedor dun cun enorme potencial comercial. A aposta polos conceptos de deseño, calidade, creatividade e presentación, así como o crecente avance da cultura da moda para o fogar protagonizan a oferta deste salón orientada ao comprador máis selectivo e esixente.
O contido de Tendence articúlase ao redor de oito sectores que comprenden desde a máis ampla variedade de complementos indispensables para o equipamento e a decoración integral do fogar, ata as novas propostas en téxtil, enxoval, artesanía, artigos de viaxe e todo un completo repertorio de orixinais ideas en agasallos informais, de fantasía, infantís, e obxectos útiles adaptados aos novos hábitos do consumidor






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



