Nota de Prensa
BALSEIRO LAMENTA QUE GARCIA RIVERA UTILICE A ALCALDIA COMO INSTRUMENTO DE CONFRONTACION POLITICA E INSTITUCIONAL
– O Presidente de Portos de Galicia non ten a culpa de que Alcalde e Tenente de Alcalde de Foz non se falen e, en consecuencia Garcia Rivera non respondera á invitación.
O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol lamenta que Jose Maria Garcia Rivera utilice o cargo que obstenta, a Alcaldia do Concello de Foz, como instrumento de confrontación política e para realizar desplantes institucionais como o que protagonizou cando non acudiu ás visitas realizadas pola Conselleira de Pesca ou polo Presidente de Portos de Galicia.
En opinión do deputado popular Garcia Rivera esquece que a súa obrigación é defender os intereses de todos os veciños de Foz, e manter unha relación fluída e de cortesía con todas as administracións que traballan en proxectos beneficiosos para os focenses. Ao seu entender o Alcalde confunde permanentemente as súas funcións como consecuencia da súa obsesión de actuar como comisario político ao servizo do PSOE.
Balseiro non se cre que alguén da talla política de Garcia Rivera non saiba que na nova administración autonómica o Ente Publico Portos de Galicia depende da nova Conselleria do Mar e insiste en que se foi convidado a ambas as reunións aínda que descoñece as razóns polas que Alcalde e Tenente de Alcalde de Foz non se falan e desta forma non se lle explicou que como continuidade á visita de Rosa Quintana viría Jose Manuel Álvarez Campana



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



