RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Sestán nun estado avanzado de execución uárez, visitou hoxe as obras da Avenida de Luarca que supoñen un desembolso de 305.000 euros. O rexedor asegura que “os traballos que se están a executar nesta rúa importante que da servizo ao pavillón deportivo vello, ao campo de fútbol, ao IES Porta da Auga e máis ao colexio público Gregorio Sanz, e contamos que para cando empece o curso escolar senón están rematadas de todo, sí estean nun grao que permita que os nenos poidan acceder con comodidade ao colexio público”.
Suárez Barcia lembra que “esta obra ten un importe duns 305.000 euros e foi dentro das aprobadas pola Corporación unánimemente para dar servizo a toda esta zona educativo-deportiva e que tamén se complementa con esta outra que temos rematada dende hai poucas semanas no entorno do colexio Sagrado Corazón, tanto no que é na rúa Lazúrtegui como na rúa Carlos III. Estes traballos van configurar que os centros educativos de Ribadeo tanto no caso do colexio público como no do Sagrado Corazón estean perfectamente modernizados e adaptados na súa accesibilidade, e dende logo eran colexios que tiñan verdadeiros problemas polo estado do firme bastante estropeado… agora cando os nenos empecen o curso van ver un cambio afortunadamente moi positivo”.
O alcalde explica que “estivemos hoxe na Avenida de Luarca os técnicos tanto do Concello como da empresa adxudicataria para calcular en qué grao de execución poden quedar as obras a principios do mes de setembro cando empece o colexio e cremos que en ningún caso se producirá ningún problema ninguna incompatibilidade para que poidamos seguir traballando e ao mesmo tempo os nenos poidan acudir ao colexio con normalidade”.
























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



