BARREIROS (FNC) .- Eido Dourado estará aberto ata o 27 de setembro. Despois pechará as súas portas para facer modificacións de cara á vindeira tempada estival. Celso Dourado prepara tamén unidades didácticas destiñadas ós colexios explicando a súa obra. Os centros poderán visitar as instalacións a partires de maio. Ata o momento máis de 3.000 persoas pasaron polo Eido Dourado, algo que satisface ó seu autor.
Celso Dourado sinala que “facer un balance do Eido Dourado resulta un pouco sorprendente, era e é un proxecto innovador, non ten referentes na comarca, na Mariña, e poucos referentes pode ter en Galicia. Tivo unha acollida realmente excepcional, non o esperaba, este Eido non é habitual que estea encravado nun entorno rural preto dunha praia cando as manifestacións artísticas normalmente se dan en grandes urbes ou pequenas vilas, non é habitual precisamente no medio rural. Eso foi unha das grandes apostas e esperamos seguila mantendo”.
O artista barreirense conta que “a acollida foi realmente excepcional, é dicir, pasaron polo Eido en dous meses, bastante máis de 3.000 persoas. Sendo o primeiro ano, sendo algo sen referentes, sendo unha cousa que non se sabía moi ben o que era, a xente, sen embargo, o boca a boca funcionou e a xente comezou a acudir as fins de semana verdadeiramente en masa. A xente viña e soía traer máis, iso era que estaba motivada polo que alí se expoñía e se vía, era habitual ver a unha persoa que viña, se sorprendía da historia e tornaba con xente da súa familia, amigos, coñecidos”. Celso Dourado di que “o grande interese que despertou eu creo que era porque era unha especie de historia que aglutinaba todos os eventos, é dicir, arquitectura, paisaxe e pintura. Isto todo sendo obra do mesmo autor. Despertaba moita paixón o ver que esto era unha historia autoconstruída por min e nas miñas condicións. Sorprendía cómo era capaz de facer arquitectura con materiais reciclados, eso sorprendía moito”.
Pintura e ubicación
Para Dourado “outra das cousas que sorprendeu foia a pintura, sobre todo a factura da obra pictórica, non é habitual ver cadros feitos a base de madeira queimada, ou non é habitual ver realizacións pictóricas utilizando o bolígrafo bic de punta fina como ferramenta esencial. E tamén sorprendeu, dalgunha maneira, atoparse cunha pintura que daba unha mensaxe, o habitual é ver marinas, paisaxes, vistas de cidades antigas, bodegóns, floreiros, e de repente, aquí a xente atópase cunha pintura que transmitía, a figura humana é protagonista, as mans son transmisoras de mensaxe, entón a xente imbuíase nos cadros e preguntaba constantemente, saía realmente sorprendida. Eso creo que foi unha gran aposta pola miña parte e estou vendo os resultados”.
O artista engade que “tamén sorprendía a ubicación, encontrarse unha autoconstrucción toda de pedra a carón da praia de A Pasada, nun medio no que alguén se espera atopar un chiringuito ou un restaurante e alí viu unha construcción de pedra que alberga unha exposición pictórica e uns xardíns visitables, non é habitual neste espazo. Con respecto ós xardíns, o que máis sorprendía era ver, por exemplo o xardín zen, non é habitual, un xardín onde o protagonismo era a gravilla de cuarzo, onde a parte arbórea eran árbores esculpidos dándolles forma, eso tamén chocaba moito a atención, cómo os pinos de moitos anos están convertidos en auténticos bonsáis, eso foi unha sorpresa para a xente e había xente que lle motivaba moito máis o xardín que a propia obra pictórica porque non era habitual que algo así estivera aberto ó público”.
Eido Dourado estará aberto ata o 27 de setembro, “ata o último fin de semana deste mes, para que toda aquela xente que estaba fóra da comarca, para a xente da comarca que non se acercou porque xa sabemos que o verán é un espazo de ocio e de lecer no que normalmente se está moi ocupado, poidan vir ata o Eido Dourado. Tamén o queremos ter aberto porque a acollida foi tan grande, non houbo un día que non houberá un número grande de visitas e entón queremos dalgunha maneira esgotar toda a tempada de verán abertos, por iso digo que estaremos ata o último fin de semana de setembro”.
Celso Dourado explica que “vamos pechar, vamos facer modificacións, vamos documentar os xardíns que nos quedaron pola pronta apertura sen documentar, vou facer algunha aportación co tema dos xardíns coa auga e ó mesmo tempo preciso o inverno para poder renovar a exposición, é dicir, teño que facer unha serie de exposicións e ó mesmo tempo teño que crear obra para que o vindeiro período vacacional a exposición sexa diferente”.
O resto do ano, no que o Eido estará cerrado, os interesados en visitar este espazo para a arte poderán facelo solicitando cita telefónica no teléfono 982 124 451.
Dourado prepara “en colaboración coa miña compañeira que é mestra, unhas unidades didácticas para os colexios que se desenvolverán cara o mes de maio e xuño. Vamos facer unhas unidades didácticas explicando a obra para colexios e grupos organizados. Antes de abrir xa tivo moita demanda e hai moitos colexios que se puxeron en contacto con nós para poder vir cos nenos”.























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



