Nota de Prensa
O BNG PÍDELLE AO ALCALDE DE BARREIROS DIÁLOGO COS GRUPOS POLÍTICOS E COS VECIÑOS PARA REANUDAR OS TRABALLOS DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DAS OBRAS DA A-8. OS NACIONALISTAS SULIÑAN A APROBACIÓN POR UNANIMIDADE DUNHA MOCIÓN SOBRE OS ACCESOS DESE VIAL EN ESTACAXUGOS.
Barreiros, 30 de setembro de 2009. O BNG valora de xeito positivo que no pleno do pasado luns en Barreiros se aprobase unha iniciativa dos nacionalistas sobre os accesos á A-8 na zona de Estacaxugos. O portavoz, Antonio Veiga, sinala que “ese vial de acceso á autovía desde a N-634 cortaba totalmente o camiño Real, o máis antigo que atravesa San Cosme, perxudicando a propietarios que teñen fincas dun lado e doutro dese novo acceso á autovía. As alternativas que plantexaron os veciños, que xa lles fixeron chegar ao Ministerio de Fomento e que nos explicaron a nós, solicitaban que se fixeran de vías de servizo por cada un dos lados do acceso á autovía e tamén un paso elevado”.
Veiga Outeiro engade que “despois do debate desta moción se chegou ao acordo definitivo de que o Concello de Barreiros se dirixirá ao Ministerio de Fomento solicitando ditas propostas, vías de servizo e paso elevado, na zona mencionada, eso sí, coa salvedade de que se fixese antes que a obra quede rematada. Desde a alcaldía poñíase coma disculpa o futuro enlace do corredor coa A-8, pero vendo os orzamentos que se presentaron non sabemos para cando será ese corredor e os veciños desa zona non poden agardar por esas alternativas tantos anos”.
No pleno do pasado luns xurdiu de novo o tema da comisión de seguimento das obras da A-8 en Barreiros. O portavoz nacionalista lembra que “se creou a instancias do BNG e que ate rematar o ano 2008 funcionou. O alcalde ainda hoxe non deu dado unha razón convincente de porqué esa comisión de seguimento non continúa adiante, a pesares dos frutos que deu en San Miguel, en Celeiro de Mariñaos onde sí se fixo traballo de campo e se levaron logo esas propostas ás empresas constructoras da autovía. Temos que dicir tamén que a empresa constructora da autovía é das máis interesadas en solucionar os problemas aos veciños e nada hai que dicir a respecto delas porque son sempre as primeiras coas que chocan os veciños cando existe un problema”.
Antonio Veiga considera que “o problema que hai detrás é político e a solución que nós dábamos para solucionar todo esto era esa comisión de seguimento feita con rigurosidade, incluso o alcalde se ofrecera a prestar todos os servizos técnicos que fixeran falta, pero todo quedou en fume. Parace ser que á alcaldía non lle interesa para nada o contacto directo dos veciños con toda a Corporación. Da a impresión que Alfonso Fuente quere levar este Concello e os seus asuntos como si lle competeran exclusivamente a él, e a él compételle buscar solucións, pero tamén que os membros da Corporación sexan escoitados e que poidan plantexar as súas propostas cando hai problemas, de feito para eso están as comisións. Creo que con esa comisión se resolverían moitos problemas, por eso agardamos que desde a alcaldía se retome a postura do diálogo con todos os grupos políticos e cos veciños que teñen un problema”.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



