Nota de Prensa
Preto de 4.000 mariñeiros galegos das flotas de palangre de superficie, Gran Sol e caladoiro nacional están aínda á espera de recibir as axudas correspondentes ao cese temporal decretado polo Goberno central en 2008.
O PPdeG RECLAMARÁ NO PARLAMENTO QUE OS PAGOS DAS AXUDAS POLA PARALIZACIÓN TEMPORAL DA FLOTA SE ABONEN AO FINALIZAR O PERÍODO NO QUE SE ESTABLECEU A PARADA
* Naqueles casos nos que o cese de actividade supere o mes os populares creen necesario que as axudas se ingresen cada 30 días ata a finalización do cese de actividade
* Jose Manuel Balseiro Orol afirma que os mariñeiros non teñen por que verse prexudicados polo “colapso burocrático” do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño nin soportar longos períodos de tempo sen ingresos agora que a crise afecta con especial virulencia ás economías familiares das xentes do mar
Santiago, 15 de setembro de 2009.- Preto de 4.000 mariñeiros galegos das flotas de palangre de superficie, Gran Sol (NEAFC) e do caladoiro nacional están aínda á espera de que se efectúen os ingresos das axudas derivadas dos ceses temporais da súa actividade pesqueira decretados polo Goberno central no 2008. Para corrixir esta situación, e como fórmula que no futuro podería evitar estas demoras, o PPdeG vén de reclamar ao Goberno central unha modificación do actual sistema de pagamento. Os populares rexistraron unha iniciativa no Parlamento de Galicia a través da que piden que o departamento estatal de Medio Mariño -que dirixe a socialista Elena Espinosa- efectúe o pago destas axudas “con celeridade e cando de verdade son necesarias”, e para iso propoñen que os abonos se leven a cabo ao finalizar o período no que estableceu a parada “e non moito tempo despois como acontece agora”. Naqueles casos nos que o cese de actividade supere o mes, os populares propoñen que as axudas se ingresen cada 30 días, como si se tratase dun subsidio ou da prestación por desemprego.
LENTITUDE ADMINISTRATIVA
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, autor desta iniciativa, explicou que os mariñeiros “non teñen porque verse prexudicados polo colapso burocrático, a lentitude administrativa e a falta de interese” do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, nin soportar longos períodos de tempo sen obter os seus ingresos, “máxime agora que a crise repercute con especial virulencia nas economías familiares das xentes do mar”.
En resume cómpre actuar en beneficio do “colectivo máis vulnerable do sector pesqueiro”, isto é, os tripulantes afectados polo cese temporal de actividade, establecendo procedementos de supervivencia e garantía que contribúan a paliar a gravidade da súa situación durante o tempo no que se prolongue a parada e non moitos meses despois cando, malia que seguen a ser necesarias estas axudas, xa non permiten compensar o momento xusto no que, como consecuencia do cese de actividade, non se están a obter ingresos.
Ao redor de 450 barcos galegos destas flotas vense afectados anualmente polos ceses temporais da actividade pesqueira decretados desde a Administración central co obxecto de regular os esforzos pesqueiros e garantir o bo estado dos recursos biolóxicos. Malia que o Goberno central de xeito habitual aproba unha liña de axudas tanto para as empresas armadoras como para os tripulantes, o proceso burocrático prolonga o abono final destas cantidades incluso meses despois de efectuado o cese de actividade.
PUBLICACIÓN TARDÍA DO DECRETO DE AXUDAS
Balseiro Orol censura a “falta de sensibilidade” do Goberno central actual para con estas flotas xa que lonxe de mellorar os procedementos polos que se outorgan este tipo de axudas “están a empeoralos”. O voceiro do Mar afonda neste argumento e explica que na actualidade o Executivo de Zapatero se demorou en exceso na publicación da orde de axudas para mariñeiros –que apareceu en xullo, cando en moitos casos as paradas xa se tiña efectuadas nos meses de novembro e decembro- A esto ademais hai que engadir a falta de ingreso das cantidades correspondentes en beneficio dos tripulantes pese a que cumpren cos requisitos establecidos para ser beneficiarios delas. “Hai mariñeiros que están a facer a segunda parada biolóxica sen ter percibido as axudas correspondentes ao primeiro cese de actividade”-explicou Balseiro Orol.
ACORDO UNÁNIME DAS FORZAS POLÍTICAS GALEGAS
O voceiro do Mar dos populares apela a “responsabilidade e ao compromiso coas xentes do mar” que, como o Partido Popular, teñen que asumir o resto das forzas políticas parlamentarias da Cámara, para que apoien esta iniciativa e poida contar cun respaldo unánime do Parlamento que permitiría fortalecer a reclamación ante o Goberno central. Os populares aseguran que a lexislación comunitaria e estatal que regulamenta todos estes paros biolóxicos dispón de procedementos dabondo para lograr o adianto destes pagamentos con respecto á fórmula actual, e por iso non comprenden como é posible que o Executivo socialista central non teña asumido este procedemento antes. “En vez de pensar no mellor xeito para axudar aos mariñeiros a superar estes períodos sen ingresos, ou en instrumentos para combater a actual crise, os socialistas concentran os seus esforzos en buscar a maneira de subir os impostos e asfixiar máis aínda a delicada situación económica pola que pasan moitos dos nosos sectores produtivos e, entre eles o da pesca.”-conclúe Balseiro Orol.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



