LUGO .- A Deputación de Lugo aprobou un prego do programa Innova-TE para a contratación da administración electrónica no organismo provincial e en 66 Concellos de Lugo que suma 7 millóns de euros. O presidente do ente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que “estamos diante do prego máis amplo e importante aprobado, xa que vai abordar, coa máxima garantía, a maior inversión en TICs feita nunca na historia da provincia e de Galicia”.
Nota de Prensa
A Deputación aproba o prego coa maior inversión en TICs feita nunca en Galicia
– O INLUDES aproba este martes unha contratación para a implantación da Administración electrónica no organismo provincial e en 66 Concellos que suma 7 millóns de euros
– A Unión Europea aporta o 70% do orzamento total e o INLUDES o 30%
– Gómez Besteiro subliña que esta iniciativa “é a chave na man que arrincará, en 18 meses, a e-administración de forma global e conxunta en toda a provincia”
– O proxecto permite aos veciños facer dende a rede trámites que ata o de agora esixen a súa presenza na Deputación e nos Concellos
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto coa Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, anunciaron que este martes o INLUDES aprobou o prego do programa Innova-TE para a contratación da Administración electrónica no organismo provincial e en 66 Concellos de Lugo. Gómez Besteiro subliñou que “estamos diante do prego máis amplo e importante aprobado, xa que vai abordar, coa máxima garantía, a maior inversión en TICs feita nunca na historia da provincia e de Galicia”.
O titular do organismo provincial salientou que a Deputación adica á “e-administración” 7 millóns de euros, uns 1.300 millóns das antigas pesestas, dos cales o 70 por cento apórtaos a Unión Europea e un 30 por cento o INLUDES. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “a Deputación quere ter unha a chave en man que arrinque toda a administración electrónica en 18 meses, xa que a empresa adxudicataria, ou o grupo delas, terá que poñer en marcha a Administración electrónica da Deputación e de 66 Concellos de forma global e conxunta. Un traballo que tradicionalmente implicaría a actuación de ducias de pequenas contratacións”.
Neste senso, o máximo mandatario provincial destacou que con esta fórmula de contratación, a Deputación aforra máis cartos e tempo que contratando por separado cada unha das actuacións, e busca os “mellores” que sexan capaces de facelo.
“De cidadáns in line a on line”
O Presidente da Deputación incidiu en que coa “e-administración” os veciños da provincia deixan ser “cidadáns in line, é dicir cidadáns que fan cola, para ser cidadáns que solventan, dende a súa casa e en tempo real, os trámites coa administración”. Neste senso, explicou que a Administración electrónica permite facer dende a Internet trámites que antes se facían de forma presencial na Deputación ou nos Concellos.
“Igual que se pode facer a declaración da renta a través da Rede, a Deputación ofrecerá a posibilidade de, por exemplo, pedir o certificado de empadronamento, pedir ou consultar o estado das subvencións, inscribirse en oposicións, solicitar permisos ou licenzas municipais, facer trámites de recadación, ou pagar impostos ou tributos”, indicou.
Para isto, os veciños só terán que entrar na páxina da Deputación ou nas dos Concellos, e identificarse a través do DNI electrónico. A continuación, poderán descargar os formularios necesarios, adxuntar a documentación precisa, e facerllo chegar á administración correspondente mediante a rede.
“Do paleolítico á Socidade da Información”
O máximo mandatario provincial destacou que con Innova-Te “Lugo abandonará o paleolítico informatico para entrar de cheo na era da sociedade da información”, e explicou que este proxecto dotará aos 66 Concellos de portais de servizos, de capacidade WiFi ou de ordenadores, ademais de extender a banda ancha. Neste senso, lembrou que “Lugo sitúase a cola nesta materia xa que, por cada 100 habitantes, 13 teñen banda ancha, cando en calquera outra provincia con máis de 100.000 habitantes teñena o 50 por cento da poboación”.
Aposta polas novas tecnoloxías
Gómez Besteiro subliñou e “e-administración é un paso máis da aposta da Deputación polas novas tecnoloxías para a xeración de emprego e oportunidades económicas”, e exemplificou coa creación dun centro virtual de asesoramento empresarial e dunha rede de axentes de dinamización tecnológica e empresarial para a implantación das novas tecnoloxías nos negocios e para estimular as iniciativas empresariais. Da mesma maneira, o titular do organismo provincial destacou que a Administración electrónica permitirá “a integración social a pesares da dispersión da poboación e a orografía da provincia facendo que os veciños participen da vida local.
9 millóns de euros para o Innova-TE
Gómez Besteiro e Lara Méndez destacaron que o actual equipo de Goberno reorientou as políticas da Deputación cara tres piares estratéxicos: medio ambiente, creación de emprego e novas tecnoloxías, sendo este último o campo que conta co maior orzamento. O proxecto Innova-TE conta cun investimento total de 9 millóns de euros, 7 millóns destínanse á “e-adminitración”, “así que, a partir de agora, asistiremos a novas contratacións no campo das tecnoloxías”.
Neste senso, a Vicepresidenta Segunda da Deputación salientou que este é o prego máis amplo aprobado na historia da provincia e de Galicia, e lembrou que, por exemplo, na Xunta de Galicia adicáronse 2 millóns de euros para a Administración electrónica, ao igual que o fixo a Deputación de A Coruña.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



