Nota de Prensa
A Construtora Hispánica foi a máis favorecida pola trama Gurtel, atopándose o seu presidente imputado no sumario da mesma
O BNG solicita a Rivera que explique por que contratou a unha empresa madrileña implicada na trama Gurtel
O Bloque Nacionalista Galego solicita que o Alcalde do Concello de Foz, José Maria García Rivera, clarifique cales foron as razóns que levaron a principio de 2007 ao mesmo a contratar coa empresa madrileña Hispánica o arranxo da travesía de Foz desde a Pena en Vilaxoane até a Rotonda de Forxán unha vez que Fomento lle cedeu este tramo da antiga N-642 ao Concello.
Hai que ter en conta que a Construtora Hispánica, segundo a parte do sumario do caso Gurtel coñecida, foi a empresa construtora que máis diñeiro pagou en comisións a trama corrupta dirixida por Correa até o punto de que o Presidente da mesma atopase a día de hoxe imputado por este sumario. Segundo o reconto realizado pola policía a Construtora Hispánica abonou seis pagos de 4.192.000, sendo segundo o sumario a empresa que máis enriqueceu a trama corrupta. O propio presidente da compañía Alfonso García Pozuelo, presidente de Constructora Hispánica, aparece nos apuntes da contabilidade b (diñeiro negro ) das empresas de Francisco Correa.
Neste sentido desde o BNG urximos que por parte da Alcaldía a maiores de aclarar as razóns de que se contratase a unha empresa de fora, que os traballos que realizou en Galiza son basicamente para o ente público Portos de Galiza no momento en que Pablo Crespo era membro do seu Consello de Administración, se clarifique cal foi a contía do abonado a mesma por esta obra.
Na mesma liña demandamos que se aclare se na obra da Travesía de Foz se fixo algún tipo de modificado de proxecto e si se cumpriron a totalidade de cláusulas do prego económico administrativo así como se o proxecto foi executado na súa totalidade. Asemade desde o BNG solicitase que se aclaren, se o Concello as coñece, as razóns polas que a Construtora Hispánica subcontratou os traballos que realizou en Foz e se esta empresa contaba con medios e persoal propio para executar os traballos.
Xa por último desde o BNG reclamase ao Concello que aclare se esta empresa realizou algún traballo máis en Foz, ben sexa para unha administración pública ou algún tipo de obra privada.

















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



