BARREIROS .- A iniciativa da entidade Queremos galego, o grupo de teatro da asociación cultural O Castro de Vilaronte, Foz, actúa o venres, día 16 de outubro, no Teleclube de San Cosme onde porá en escena a súa última obra “O velorio de Xan Perolonun”, ás nove da noite. Esta actividade está organizada pola plataforma Queremos Galego de Barreiros saca un autobús para acudir a manifestación do 18 en Compostela.
Nota de Prensa
Queremos Galego de Barreiros saca un autobús para acudir a manifestación do 18
“O Castro” de Vilaronte actúa o Venres ás 21:00h no Teleclube de San Cosme
O Grupo de Teatro da Asociación Cultural O Castro de Vilaronte actuará o Venres 16 de Outubro, nun acto organizado pola Plataforma “Queremos Galego”, ás 21:00h. no Teleclube de San Cosme onde porá en escea a súa última obra “O velorio de Xan Perolo”.
O Grupo de Teatro do Castro de Vilaronte, un dos máis veteranos da comarca, foi fundado por Victoriano Felpeto e actualmente é dirixido por Benito García Bolaño, na representación de San Cosme contará con 23 actores todos eles veciños de Vilaronte. O grupo do Castro percorreu toda Galiza cos súas representacións, sendo o uso do galego unha constante nas súas obras desde a fundación a principios dos 70.
Os membros da sección Barreirense da “Plataforma Queremos Galego” animaron aos veciños de Barreiros a participar da mobilización do 18 de Novembro e recordaron que haberá un autobús gratuíto desde Barreiros para acudir a manifestación que saíra o Domingo 18 ás 09:00 de diante do Concello. Neste sentido desde a Plataforma “Queremos Galego” recordaron que aquelas persoas que queiran acudir a manifestación debe anotarse chamando ao Tlf:982-140-654 en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:30 a 20:30 de Luns a Venres.
Os membros de Queremos Galego fixeron fincapé “na difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A ese estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados ate o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura”.
Desde Queremos Galego chamouse “a transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.
Xa por último os colectivos que conforman a Plataforma “Queremos Galego” en Foz insistiron na importancia da mobilización do día 18 de Outubro e animaron ao conxunto de entidades sociais e persoas a título particular de Barreiros a adherise a mesma a través do correo electrónico queremosgalego@queremosgalego.org.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



