RIBADEO (FNC).- O Concello prepara a Axenda 21 Escolar para o curso 2009-2010, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente. Horacio Cupeiro dixo que “o pasado día 1 creamos a Axenda Local de Sostibilidade e ese mesmo día tivemos unha xuntanza do núcleo de sostibilidade, representantes da Consellería de Medio Ambiente e os directores e profesores dos colexios públicos para crear a Axenda 21 Escolar para o curso 2009-2010. Con ela pretendemos a educación dos escolares con criterios de desenvolvemento sostible tanto nos contidos como nos programas, facendo en todo momento fincapé na participación dos alumnos tanto nas accións como no seu deseño”. O edil nacionalista asegurou que “desde o Concello imos apoiar todo o que estea nas nosas mans, xa que polos alumnos pasa o bó criterio para conseguir ao final ese desenvolvemento sostible tan desexado”.
Polo que respecta á Axenda Local de Sostibilidade, Cupeiro explicou que “a súa función vai ser o peso do sistema da xestión ambiental do Concello, deseñar as tarefas de educación e sensibilización e sobre todo impulsar a participación cidadá retomando a Axenda 21 Local, que estaba parada desde o 2001 e funcionando como unha guía de comunicación entre o Concello e os cidadáns no referente á sostebilidade, recollendo propostas dos cidadáns e o Concello transmitíalles as iniciativas da administración. Na próxima actualización da páxina web do Concello incluiremos a páxina da Axenda Local de Sostibilidade e definirase a forma de contactar con ela. Ata ese momento a oficina, o teléfono e o correo electrónico son os da Concellaría de Medio Ambiente”.
Horacio Cupeiro aludiu á polémica sucitada coa contratación do axente local de sostibilidade “foi a condición sine qua non que nos puxeron desde a Xunta para contar con este núcleo. Tivemos que contratar ese axente polo período de vixencia do núcleo de sostibilidade porque toda a documentación ten que ser levada adiante por personal técnico”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



