CERVO .- Coincidindo co día internacional contra a violencia de xénero que se celebra hoxe o Concello de Cervo distribuíu un folleto con recomendacións ante unha situación de maltrato. O documento, elaborado polos servizos sociais municipais está dividido en dous apartados diferentes: o denominado plan de seguridade, que ofrece unha serie de actuacións dirixidas a reducir o perigo ante posibles agresións para aquelas persoas que se ven inmersas nesta desagradable situación e, en segundo lugar, explica unha seria de recomendacións prácticas sobre o modo de actuar no caso de que se produza un episodio violento (teléfonos de emerxencia, protocolos, contacto cos servizos médicos, lugares de asesoramento xurídico, …)
Este pequeno folleto ten un grande obxectivo: chegar ao maior número posible veciños de tal xeito que poidan coñecer algúns dos conceptos básicos sobre a violencia no ámbito familiar e, deste xeito, contribuír á detección e atención da violencia familiar no noso país, explicaron desde a Concellaría de Asuntos Sociais, que dirixe a edil Pilar Armada.
Os folletos foron distribuídos nos edificios públicos e dependencias municipais, entre as asociacións e colectivos máis importantes do termo municipal e naqueles espazos nos que as persoas que se están a sufrir esta situación poidan acceder ao mesmo con privacidade e maiores garantías. Ao mesmo tempo poderá consultarse e imprimirse, a través da rede, na zona de descargas da páxina web do Concello de Cervo.
A distribución do plan de seguridade fronte a violencia de xénero engádese a outras actividades organizadas co gallo do día internacional de sensibilización contra esta lacra social que están a constituír as situacións de maltrato. Cabe salientar a convocatoria da terceira edición do concurso de narración Carta a un maltratador que está dotado cun premio de 100 euros.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



