NOTA DE PRENSA
Manifesto do PPdeG no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O Partido Popular de Galicia quere aproveitar a simboloxía internacional deste día, 25 de novembro, dedicado á ‘Eliminación da Violencia contra a Muller’, para manifestar o seu máis absoluto rexeitamento contra esta lacra social que afecta a milleiros de persoas cada ano e que merece a condena explícita, unánime e contundente de toda a sociedade galega e española. Hoxe queremos aproveitar para alzar a voz, unha vez máis e tódalas que fagan falla, contra calquera tipo de agresión sexista, xa sexa física ou moral.
Os populares dicimos NON rotundamente á violencia contra a muller, condenamos de raíz esta infamia e consideramos que cada agresión, cada maltrato e cada momento no que un home lle levanta a man a unha muller debemos afrontalo como unha derrota de todas e cada unha das persoas que conformamos esta sociedade.
A violencia de xénero non é un problema que afecte só a quen a padece, nin sequera é un problema só das mulleres; a violencia de xénero é un problema de todos e cada un de nós.
Os políticos, os responsables dos medios de comunicación, así como os xuíces, os fiscais e cada membro desta sociedade, todos nós, debemos estar unidos, concienciados e activados en busca de poder protexer aos máis débiles. Ttodos debemos ser actores dun proceso que non debe finalizar ata que sexamos capaces de rematar con esta lacra, ata que sexamos capaces de impoñer o respeto humano.
Pero este propósito non debe ocupar só unha data como a de hoxe, marcada en vermello no calendario. Para o Partido Popular de Galicia, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller non é só o 25 de novembro; para o Partido Popular de Galicia, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase os 365 días do ano.
Somos conscientes de que hoxe tamén haberá agresións, insultos e humillacións, e mentres esta situación continúe, mentres os balances de mulleres maltratadas ou asasinadas arroxen cifras distintas a cero, os populares seguiremos traballando a fondo para erradicar esta situación canto antes e de raíz.
A violencia de xénero devalúa a nosa sociedade e humilla non só ás persoas maltratadas senón tamén a aquelas que non consiguen acabar cos malos tratos. Por eso, desde o ámbito da prevención, da educación, da xustiza, da acción policial e da conversión deste problema nun quebranto para todos nós, traballaremos en busca de que a violencia de xénero sexa cousa do pasado, sen cabida no futuro.
Loitaremos por que se inculquen aos máis pequenos uns valores de respeto e convivencia que condenen as agresións; loitaremos tamén por que ningún maltrato saia gratis, nin sequera barato; loitaremos para penalizar as accións dos maltratadores, cos xuíces, cos fiscais, cos policías. Ningún medio está de máis se permite aforrar unha soa agresión á sociedade galega e española.
No que vai de 2009, xa son catro as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas en Galicia, e son catro máis das que deberían ter sido: traballaremos, polo tanto, para que a cuarta destas mulleres sexa tamén, non só a última falecida por un caso de violencia de xénero, senón tamén a última persoa que padece na súa pel o maltrato de calquera tipo.


















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



