NOTA DE PRENSA
O GMPP: “Aseguramos que non hai contrato para os cursiños”.
Os populares afirman que así o dí un informe técnico municipal que foi ó Pleno do xoves.
Reiteran que o día dous de Novembro a Delegación de Igualdade xa gastara todos os cartos do ano e por riba debe cinco millóns de pesetas.
O GMPP burelés ratificouse hoxe en que non hai contrato asinado coa empresa que imparte os cursiños de bordado, bolillos, etc., e que na Delegación Municipal de Igualdade hai despilfarro, “porque o di un informe técnico municipal con data dous de Novembro. Ese informe é un reparo que suspende o pago de facturas dos cursiños, por exceder do importe legal establecido. No mesmo informe, faise constar que se tiña advertido da necesidade legal de asinar un contrato, pero que non se fixo. Igualmente, no informe recóllese que a día dous de Novembro, a Delegación Municipal de Igualdade xa gastara todos os cartos que tiña para todo o ano e por riba xa debe cinco millóns de pesetas. Ese reparo foi levantado polo alcalde”.
Os populares consideran extrano que Nieves Cando se poña tan nerviosa, porque “o único que facemos é recoller o que pón o informe, que por certo foi ó pleno do pasado xoves entre a documentación que nos entregaron, co que non tivemos necesidade de ‘picar aquí e acola’”. Para os populares, da a impresión que quen non se entera, porque non mira os papeis que van a pleno, é precisamente Nieves Cando.
O PP non tén ningún reparo en decir que esta empresa xa traballou para o concello: participou no Proxecto “Diana”, pero con contrato, tal e como a propia Nieves Cando recoñece na sua nota. Por eso os técnicos municipais nunca asinaron ningún reparo por esta cuestión. “Se houbese contrato legal, nós non diríamos nada, porque fumos precisamente nós os que puxemos en marcha, entre outras cousas, o Centro de Información á Muller e tamén os cursiños para mulleres”.
Decir que nós estamos en contra dos cursiños non deixa de ser unha solemne bobada, como bobada é insinuar que a cultura, as actividades para mulleres, a actividade deportiva, etec., só chegaron a Burela co Bloque e o PSOE no concello, especialmente coa Sra. Cando, e que antes non se facía nada. Bobada que, xunto cos improperios que nos dirixe na nota de prensa, hai que tomar de quen vén, dunha persoa que está tan nerviosa e fóra de si, que é capaz de chamarlle maleducado, en dúas ocasións, sen motivo, a un concelleiro do PP no pleno do pasado xoves, e non aceptar retirar o insulto logo de que se lle pedira.
Nós o único que lle pedimos e que faiga as cousas con sentidiño e que non gaste máis do que tén. Nada máis. Pero mentres tanto os convenios cos clubes deportivos están sen asinar, de momento non hai cartos para as axudas dos corenta euros, cando xa tiñan que estar pagando, e segue habendo cento vinte mil euros en facturas da Delegación de Cultura sen pagar. Esa é a triste realidade, e o peor é que non se nos di cando se resolverá esta situación, que todos queremos que se arregle.










A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



