Nota de Prensa
O GPPP pide que se axilice a redacción dos proxectos de conservación integral da rede viaria provincial
* Os populares lembran que o ano pasado houbo un retraso de nove meses na tramitación e alertan de que a a rede viaria presenta un estado lamentable de conservación
* Critican que as inversións reais realizadas a 30 de xuño en mantemento e conservación das estradas provinciais supón pouco máis do tres por cento da partida fixada para elo nos orzamentos deste ano
Lugo, a 10 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou o “estado lamentable” no que se atopa a conservación da rede viaria provincial. Unha situación que é comprobable en prácticamente todos os concellos, polo que os populares alertan dos problemas que esta situación poderá acarrear se as condicions meteorolóxicas durante o inverso son adversas.
Dende o GPPP lembran que o ano pasado, por estas datas, estaban a tramitarse administrativamente os proxectos de conservación das distintas zonas, e o proceso xa acumulaba nove meses de retraso. Os populares suliñan que os contratos formalizados o pasado exercicio expirarán o vindeiro mes de marzo polo que consideran “razonable e axeitado” que a tramitación dos novos proxectos estivera xa realizada para asegurar así que a contratación dos traballos tivera continuidade no tempo cos actualmente vixentes.
Os populares salientan ademais que para este ano contémplase unha partida ozamentaria de 11,6 millóns de euros para o mantemento e conservación das estradas provinciais pero que a 30 de xuño únicamente se tiñan investido 365.000 euros. É dicir, que a inversión real prevista para este menester foi de únicamente o 3,1 por cento.
Dende o GPPP, por estes motivos, instan ó responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, a que atenda con maior entusiasmo as súas responsabilidades e axilice o funcionamento do seu departamento.


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



