Nota de Prensa
CERVO
O BNG fai o seu traballo na oposición e ten a obriga de facer pública a mala xestión económica do goberno municipal
Cervo non é un concello comparábel a outros da mesma envergadura ao contar con moitos mais ingresos que outros en relación á súa poboación
Os nacionalistas pregúntanse que fai o goberno cos partidas orzamentadas para enerxía eléctrica xa que estas reclamacións non son novas no concello
Cervo, 2 de novembro de 2009. Os nacionalistas cenvenses saen ao paso das declaracións do goberno municipal aclarando que “si ao PP non lle gusta o traballo de oposición é o seu problema, temos a obriga de denunciar a mala xestión económica do concello e ímolo seguir facendo”. Na mesma liña indicaron que non é o BNG quen decide os orzamentos municipais e “á vista do que sucede é evidente que o PP ou non sabe facer as contas, ou deriva partidas de gastos correntes para outras cousas “
Os argumentos do goberno municipal son os de sempre, escusas de mal pagador
O BNG saiu ao paso das declaracións efectuadas por portavoces do goberno municipal en relación á reclamacións do pago de facturas eléctricas efectuadas por empresas provedoras nos últimos días, nin son as primeiras nin serán as últimas, xa que en maio do ano pasado había outra reclamación por mais de 200.000 euros no mesmo concepto, “hai que preguntarse que fai o goberno local co diñeiro orzamentado para gasto corrente como é o caso da electricidade”. Neste sentido o responsábel local do BNG, Bernardo Insua, lembrou que o goberno municipal, “non fai os seus deberes, xa que ademais de non facer orzamentos anuais como correspondería, cando o fai faino tarde”, lembrando que o orzamento 2009 foi aprobado no mes de xullo e ate ese momento o concello traballou cun prorrogado de 2008, que xa era prórroga do 2007. O portavoz nacionalista volveu insistir en que “traballar con orzamentos prorrogados desvirtúa a previsión de ingresos e gastos e así nos vai”, “non se entende que un goberno con maioría absoluta non presente os orzamentos municipais cando corresponde” e achacou este feito á “folgazanería do alcalde” como responsábel de facenda.
A situación de Cervo non é comparábel á doutros concellos como di o goberno local.
Bernardo Insua, negou que a situación do concello de Cervo sexa comparábel á doutros da mesma envergadura, “Cervo é un concello con moitos mais ingresos que outros da mesma categoría, outra cousa é o que se fai co diñeiro dos cidadáns”, os ingresos por impostos directos e indirectos son moi superiores a outros concellos, e nos últimos anos o auxe da construción supuxo ingresos extraordinarios que non se xestionaron como deberan. Neste sentido, o portavoz nacionalista fixo fincapé no malgasto do goberno municipal nos últimos anos, “ a pesar das constantes recomendacións dos servizos de intervención para conter o gasto, actuaron como novos ricos sen prever consecuencias”, ao mesmo tempo lembrou a elaboración de orzamentos que “non se axustan á realidade” e concretou que “os orzamentos aprobados no mes de xullo consignan como investimento real unha partida de 1,3 millóns de euros que non se vai cobrar por corresponder á parte de ASTUNOSA do Convenio de Infraestruturas, que está en suspensión de pagos”, coas consecuencias que isto terá na liquidación do orzamento actual e nos próximos.
Por último, o BNG non vai calar por moito que lle desguste ao alcalde que se dean a coñecer aos veciños o que sucede no concello, “ e a nosa obriga e así o seguiremos facendo”, Bernardo Insua acusou ao Alcalde e Concelleiro de Facenda, Alfonso Villares, de non asumir as súas responsabilidades, “ademais das eléctricas, hai outras empresas e particulares que xa presentaron reclamacións para poder cobrar amparándose na lexislación contra a morosidade” polo que o alcalde non debería facer chistes como o do cobrador do frac, “hai medidas que xa están en marcha moitos mais serias que a visita desta empresa”.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



