Nota de Prensa
O BNG DENUNCIA O ESTADO LAMENTABLE DA ESTRADA DA COSTA EN VARIOS TRAMOS AO SEU PASO POR FOZ
Basanta dille ao Ministerio de Fomento “que hai moita indignación na cidadanía e que os mariñáns non somos cidadáns de segunda”
Foz a 29 de decembro de 2009.- O BNG de Foz denuncia publicamente o estado tan lamentable no que se atopan desde hai meses algúns tramos da estrada N-642 ao seu paso polo Concello de Foz. Como exemplos desta situación, existen tramos intransitables como en Mañente ou en Nois. Na subida a Mañente, vindo desde Barreiros, evidenciase no carril lento que está cheo de socavóns nun tramo de case cincuenta metros; en Nois, vindo cara a Foz, na recta da Arealonga, a estrada está desfeita con baches moi profundos onde se pode deixar unha roda facilmente e provocar un accidente. A esto hai que engadir que estas dúas zonas non están ben iluminadas co que de noite os conductores non teñen visibilidade para esquivar os furados nin están ben pintadas polo que os conductores teñen que guiarse case por instinto incluso ao paso de curvas pronunciadas.
Dado o pouco coidado que o Ministerio de Fomento pon no mantemento destas vías, o BNG ten que recordarlle que “os mariñáns non somos cidadáns de segunda aínda que pensen o contrario” porque esto ven repetíndose en moitos tramos das nosas estradas, a maioría con mala iluminación e mal conservadas. De nada serve todo o gasto que se fai nas campañas publicitarias para a prevención de accidentes cando as infraestructuras viarias non están suficientemente preparadas para circular con seguridade.
Para os nacionalistas o mantemento e a conservación das estradas son algo imprescindible para a seguridade viaria, cousa que non ocorre, co que os conductores da Mariña teñen un plus de risco ao circular por estas estradas de titularidade estatal. Hai que dicir que esta estrada é aínda a vía principal de tránsito da Mariña e polo tanto a que deberían coidar máis. É imperdoable contemplar como esta situación sufrímola os mariñáns desde sempre a pesares do perigo que conleva e vemos como o organismo estatal non actúa e parece esperar a que ocorra algunha desgracia para facelo, como xa ten pasado noutras ocasións.
Por todo esto, desde o BNG enviouselle un escrito á Demarcación de Estradas do Estado esixindo a reparación inmediata desta estrada nos tramos referidos así como o repaso do pintado de todos os tramos, aínda que esperamos que antes de recibilo, Fomento tome nota desta denuncia pública e estea xa solucionado.



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



