CERVO .- Continúan as actividades de Nadal en Cervo coas “Mañás deportivas”, mañá, de once a unha do mediodía no pavillón da Veiga, os nenos e nenas de Cervo poderán continuar disfrutando destas “Mañás Deportivas” con atraccións inchables, ademais dos xogos celebrados hoxe.
Nota de Prensa
CONTINÚAN AS ACTIVIDADES DE NADAL COAS MAÑÁS DEPORTIVAS en Ceervo
Cervo, 28 de decembro de 2009.- O Concello de Cervo, a través da súa concellería de Deportes e en colaboración coa empresa IG10 Sports estivo a desenvolver na mañá de hoxe unha nova edición das “Mañás Deportivas” que tradicionalmente se veñen celebrando no concello como alternativa de ocio para os máis novos durante as súas vacacións de Nadal.
As actividades desenvolvidas hoxe tiveron lugar no pavillón municipal da Veiga, en san Ciprián, e consistiron na celebración de distintos xogos, xunto coa práctica de deportes en equipo para nenos de 4 a 11 anos de idade. Así mesmo, os rapaces e rapazas tamén tiveron a oportunidade de participar en actividades de animación grupal e en obradoiros de globoflexia.
Inchables
Mañá, de once a unha do mediodía tamén no pavillón da Veiga, os nenos e nenas de Cervo poderán continuar disfrutando destas “Mañás Deportivas” con atraccións inchables, ademais dos xogos celebrados hoxe. As “Mañás Deportivas” rematarán a súa andaina de Nadal o mércores, día 30, no pavillón de Cervo, onde os nenos terán novamente a oportunidade de gozar con xogos xigantes, tradicionais, animación e inchables nos horarios habituais (de 11.00 a 13.00 horas).


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



