NOTA DE PRENSA
Os populares presentaron unha emenda a unha iniciativa dos nacionalistas que, “despois de 44 meses de estar de brazos cruzados”, pedían que “o que antes se tiña que rematar en 6 anos agora este Goberno o remate en 3”, salientou Gómez Alonso
O BNG REXEITA UNHA PROPOSTA DE CRONOGRAMA DO GRUPO POPULAR PARA AXILIZAR CON PRAZOS REAIS O CORREDOR FERROL-SAN CIBRAO, QUE FOI PARALIZADO POLO BIPARTITO
* O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular defendeu os prazos comprometidos para o corredor polo conselleiro de Medio Ambiente no marco do Plan Move, de xeito que estea o 85% da obra en servizo no ano 2015, e lembrou que os nacionalistas “apoiaron co seu visto e práce a posta en servizo desta infraestrutura no 2020, no Plan Director de Estradas do Partido Socialista”.
Santiago, 10 de decembro de 2009.- O BNG rexeitou hoxe no Pleno do Parlamento unha proposta de cronograma do Grupo Parlamentario Popular dirixida a reafirmar a axilización, con prazos reais, das obras do Corredor Ferrol-San Cibrao, que foi paralizado polo Bipartito. Os populares presentaron unha emenda a unha iniciativa dos nacionalistas que, “despois de 44 meses de estar de brazos cruzados”, pedían que “o que antes se tiña que rematar en 6 anos agora este Goberno o remate en 3”, segundo salientou na súa intervención o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso
Gómez Alonso lembrou que o anterior Goberno do Partido Popular deixara listo en 2005 o estudio informativo e a declaración de impacto ambiental de todos os treitos entre Ferrol e San Cibrao e en redacción de proxecto construtivo os treitos San Sadurniño-Campo do Hospital, Variante de Ortigueira e Celeiro-San Cibrao. Sen embargo, despois de 4 anos, “o Bipartito tan só avanzou nos dous treitos que agora se atopan en obras –Variante de Ortigueira e Celeiro-San Cibrao-, o que supón tan só o 21 por cento do trazado”. O resto dos treitos, sinalou o deputado, “seguiron practicamente na mesma situación que se deixaron en 2005”.
O parlamentario engadiu que en xuño e agosto do ano 2008 o Bipartito suspendeu o contrato dos treitos San Sadurniño-Campo do Hospital, Campo do Hospital-AC-101 e Ramos-Covas, mentres que o resto dos treitos que van desde Espasante a Os Ramos e de Covas a Celeiro, “aínda se atopan en redacción de proxecto construtivo, despois de catro anos de Goberno Bipartito”. Igualmente, remarcou que “en catro anos, vostedes apoiaron unhas contas que consignaban un total de 16,9 millóns de euros e no momento do traspaso de poderes, en abril do presente ano, o Goberno galego tan só levaba certificado o 9,2 por cento dos orzamentos totais que consignou desde 2006, e agora vostedes aínda teñen a cara de decirnos que nós paralizamos a obra”.
PRAZOS
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular defendeu os prazos comprometidos para o corredor polo conselleiro de Medio Ambiente no marco do Plan Move, de xeito que o 85% estea en servizo en 2015, e lembrou que os nacionalistas “apoiaron co seu visto e práce a posta en servizo desta infraestrutura no 2020, no Plan Director de Estradas do Partido Socialista”.
Os prazos contemplados na emenda fixan aposta en servizo dos distintos treitos nos prazos que se indica na continuación:
– Variante de Ortigueira: ano 2011
– Celeiro-San Cibrao: ano 2012
– San Sadurniño-Campo do Hospital: 2013-2015
– Viveiro Sur-Celeiro: ano 2014
– Campo do Hospital-AC101 e Covas-Viveiro Sur: ano 2015
– San Cibrao-Barreiros: ano 2015
e co compromiso de rematar a sobras entre Espasante e Covas antes do 2017.
Gómez Alonso subliñou que a iniciativa do BNG “chega tarde, por non dicir moi tarde, e ademais está chea en si mesma de contradiccións e erros”, xa que, “despois de catro anos, danse de conta de que esta vía de altas prestacións amosa considerables retrasos”, catro anos nos que o BNG estivo “cogobernando co PSOE en Galicia e apoiando os orzamentos do señor Zapatero en España” e tras os que os nacionalistas “denuncian que só dous dos seus tramos están licitados”.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



