CERVO .- As delegacións de Cultura e de Asuntos Sociais do Concello de Cervo informan de que os gañadores do concursos de Postais do Nadal, foron Lucía Soto, Andrea López Méndez, Celtia López Martínez; a gañadora da narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador” foi Dulce Mª López Gasalla. A entrega de premios aos gañadores terá lugar o vindeiro domingo, 20 de decembro, no transcurso do Festival de Maxia que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura.
Nota de Prensa
ELIXIDOS OS GAÑADORES DOS CERTAMES DE POSTAIS, POESÍA E RELATO DO CONCELLO DE CERVO
Cervo, 18 de decembro de 2009.- O Concello de Cervo -a través das súas delegacións de Cultura e de Asuntos Sociais- fixo público o nome dos gañadores dos concursos de postais do Nadal, poesía infantil; e do certame de narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador”.
Os gañadores son os seguintes:
VII Concurso de Postais do Nadal
Nome e Apelidos Colexio Modalidade
Lucía Soto (*) CEIP Cervo 5 anos
Andrea López Méndez CEIP Cervo nº1 (Galdín) 8 anos
Celtia López Martínez CEIP Cervo nº1 (Galdín) 9 anos
(*) = Postal gañadora, elixida para a felicitación oficial do Concello
Concurso “Carta a un Maltratador”
Nome e Apelidos Premio
Dulce Mª López Gasalla 100,00 €
A entrega de premios aos gañadores terá lugar o vindeiro domingo, 20 de decembro, no transcurso do Festival de Maxia que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partires das sete da tarde (19.00 h.) e na que actuará o ilusionista Martín Camiña co espectáculo “Feitizo”. No acto de entrega de premios tamén haberá agasallos a todos os nenos e nenas que participaron no concurso de postais.
Feitizo
O espectáculo “Feitizo” mistura maxia, humor e a participación do público, percorrendo os diferentes estilos da arte a da ilusión.
Martín Camiña conxuga en “Feitizo” prácticas destinadas a conseguir un efecto máxico e extraordinario. Manipulación de de naipes, camisas de forza, guillotinas, panos, xornais, billetes, espadas, etc… serán só algúns dos ingredientes deste espectáculo, no que en todo momento cubertos pola música e a palabra e que levarán ao espectador a un mundo máxico e emocionante.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



