Unha parte considerable das empresas deste norte galego o que algúns lles deu por chamar A Mariña, están en crise, con regulación de emprego, (ERE), pechadas ou tratando de aguantar o temporal e poñéndolle un ha vela a San Antonio da Rigueira, que din é moi milagreiro.
Esta mesma semana, unha persoa que visitaba o meu obradoiro preguntábame ¿Ti crees que os ERE van solucionar os problemas destas empresas veciñas? Pois eu creo que non, eso son parches de rodas desinfladas, remendos de maón en pantalóns vellos. O simple feito de que o empresario este apurado faille escudriñar o enxeño, buscarse a vida del e dos seus empregados, e engadía, O dia 5 na noitiña teño que desmontar dúas feiras de Nadal nas que participamos, unha na Praza España de Madrid e outra en Vigo, cando todo fillo de veciño está pendente dos agasallos de reis eu teño que correr estrada adiante para facer o meu traballo, pero unhas semanas máis tarde teño que ir a Paris para tratar de vender o meu produto, e seguidamente a Madrid e así un rosario anual, para tratar de manter os postos de traballo e a rendibilidade do meu obradoiro, sin esquecer o deseño de novos produtos, a investigación e o desenvolvemento dos mesmos. Ao fin e ao cabo as dificultades estrullan o cerebro, si “PAPA ESTADO” mo soluciona a tendencia e a “votarse á bartola e esperar tempos mellores.
A realidade sempre supera a ficción… as estimacións dos bos profesionais, os desexos políticos, e aos medos persoais. Aos que menos vantaxe adoita sacar agás cando acontecen imprevistos de gran magnitude, é aos profesionais. A razón é sinxela, orientan as súas expectativas desde datos obxectivos, deixando a marxe os subxectivos, as súas crenzas relixiosas e políticas, e apoiando firmemente os seus pés no chan. E aínda así, adóitanse equivocar, pois falar de estimacións non deixa de ser unha bóla de cristal.
As empresas, os gobernos, os partidos políticos, os medios de comunicación e todas aquelas persoas que saquen a realidade cotián, estarán case sempre condicionadas por ese beneficio á hora de situarse e posicionarse fronte a un problema. É de desexar que as persoas con cargos de responsabilidade nos gobernos sexan estes locais, autonómicos ou do estado, miraran o máis beneficioso para os demais. Os tempos vividos lévanme a quedarme no desexo, xa que a suposición de que iso é así cae abatida pola realidade todos os días con algunha acción, declaración ou ausencia de decisión das devanditas persoas elixidas por nós para facer o contrario.
Sendo o máis obxectivo posible, podemos dicir que ninguén podía esperar unha realidade financeira de tal magnitude e que a xeito de látego malla repetidamente coa súa punta dourada e espiñada o lombo do emprego, sangrante xa con perto de catro millons de desempregados e cunha tendencia nada esperanzadora.
A realidade desengana, esmaga esperanzas e sacode dolorosamente a moitas familias. Pero por sorte, tamén mostra centelleos de luz branca que se consegue entrar por algunha fenda do escuro problema, é capaz de inundalo e mostrar así a porta de saída de tan desgraciado cuarto.
Desde estas modestas liñas semanais, animo os emprendedores e ás persoas con capacidade de dirixir que se centren nun obxectivo común: facer do mercado laboral unha marea dinámica capaz de adaptarse ás vales e montañas submarinas e escuras dos mercados nacionais e internacionais, e así amortecer os excesos e defectos duns e outros. Se engadimos formación, continuidade e produtividade, poderemos conseguilo, pero o mais importante e non intentemos solucionar o problema, resolvámolo.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



