Mil veces veño queixándome da mentalidade desta terra nosa e mil veces píllome en acto flagrante do “amor ao terruño” que tanto critico. Mátame esa propensión a non aceptar responsabilidades (non é a miña culpa, é dos demais – os políticos, o xefe, a tele, os meus veciños) e a errar gustosamente por imperativo comunitario (todo o mundo faino, e eu si puidera tamén o faría , (aparcar en dobre fila, dicirlle ao mecánico que non me faga factura, cobrar o desemprego cando non me corresponde). Pero é no caso concreto do tabaco o que máis merece unha auto-flaxelación.
Eu non fumo, nunca fumei, de rapaz algún pitillo, pero nunca lle collín o gusto á cousa e nin eu, nin a compañeira e filla fumamos, pero teño algún amigo e empregada que si o fai, e vou falar deles pero de forma anónima “Fumo desde hai moitos anos, aínda que hai tres reducín o meu consumo de tabaco considerablemente, limitándoo a ocasións sociais. Dadas as circunstancias, desde hai uns anos isto veu a significar fumar un paquete á semana. É unha cantidade moi propicia para que tantos fumadores como non fumadores se pregunten por que non o deixo, pero esta é outra historia e deberá ser contada noutra ocasión. O caso é que eu doume ínfulas de fumadora respectuosa, cando en realidade sucumbo como españolita de pro, ao “como todos o fan, eu tamén”. Cando estou nunha reunión onde son a única fumadora voume cos meus fumes a outra parte cando quero fumar (e se estou con xente apetéceme fumar, é automático). Pero cando estou nunha reunión onde hai máis fumadores, é unha falta de respecto total aos non fumadores que están compartindo a ocasión comigo, máis aínda tendo en conta que en realidade non me custa nada apartarme durante cinco minutos para causar menos molestias. Cando se trata dun lugar cerrado é especialmente sangrante. Ademais, son a primeira que ten que correr á ducha á mañá seguinte e botar a roupa a lavar porque estamos, roupa e dona, feitas un Cristo do cheiro a tabaco”.
Este caso é un claro exemplo do que dicía antes, somos, eu tamén, a pesar de que non fume nin beba viño, como dicía o refrán o demo mo levara por outro camiño, teño tamén algunha saída de tono, confésoo é imperdoable.
Alégrome de que estean preparando dunha vez unha lei antitabaco como a británica, ou francesa porque unha vez que prohiban fumar nun bar a xente todiña toda, terá que ser respectuosa á forza imperativa das multas ou algo peor.
En vista da incapacidade de facer as cousas que sabes que son boas, por exemplo a reciclaxe, e que son incapaz de facelo motu propio, non me queda outra que alegrarme de que me obriguen ao civismo.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



