NOTA DE PRENSA
Así o aclarou o secretario xeral dos populares lucenses Jose Manuel Balseiro á vez que afirmou que as críticas do BNG son froito da “mala conciencia” despois de que os pasados catro anos o anterior Goberno bipartito non fora quen de poñer en marcha un soa medida de estímulo da economía e o emprego
A PRIMEIRA FASE DO IMPULSA LUGO DISPÓN “DE ENTRADA” DUN ORZAMENTO SUPERIOR AOS 12,5 MILLÓNS DE EUROS PARA MEDIDAS DE DISCRIMINACIÓN POSITIVA EN BENEFICIO DAS EMPRESAS LUCENSES
* Ata o deseño final do plan estratéxico e, polo momento, están en vigor unha serie de medidas transitorias que son beneficios especias para as empresas e emprededores lucenses que queiran acceder ás axudas do IGAPE.
* Préstamos a un tipo de xuro reducido, que pode chegar incluso ao 0%, rebaixas no límite mínimo de investimento para recibir axudas, posibilidade de compatibilizar as sudvencións da Xunta con outras axudas procedentes doutras administracións son, entre outras, algunha das medidas de discriminación positiva para Lugo.
Lugo, 22 de xaneiro de 2009.- As medidas transitorias contempladas no programa IMPULSA LUGO –fundamentalmente melloras nas liñas de axudas que na actualidade ten o IGAPE– dispoñen dun orzamento ilimitado e pretenden servir como iniciativas de discriminación positiva en beneficio das empresas da Mariña e, por extensión, do conxunto das empresas e emprendedores lucenses. Así o explicou o secretario xeral dos populares Jose Manuel Balseiro Orol, quen está convencido de que as críticas do BNG a este plan posto en marcha na nosa provincia polos actuais responsables da Xunta, son froito da mala conciencia dos nacionalistas que non foron capaces de promover unha soa medida de estímulo da economía e do emprego cando tiveron responsabilidade de Goberno no anterior Executivo bipartito, e a pesar da aguda crise que estábamos e estamos a sufrir.
Balseiro Orol puntualizou que, pese a que a Xunta está disposta a adicar o orzamento que sexa necesario para cubrir as demandas que formulen as empresas e cumpran os requisitos esixidos, as previsións que fai o IGAPE baseándose na experiencia de anos anteriores, é que os fondos precisos para atender as solicitudes de axuda pode rondar os 12,5 millóns de euros. De calquera xeito, a Xunta admitirá e tramitará todas as solicitudes que se presenten en forma, aínda que superen o orzamento estimado.
A MARIÑA PROTAGONISTA.-
O secretario xeral dos populares lucenses explicou tamén que o IMPULSA LUGO é un proxecto moi ambicioso chamado a equilibrar o desenvolvemento económico da nosa provincia e o tecido industrial lucense con respecto ao resto de Galicia e no que, pola súa importancia e polo seu peso específico a nosa comarca debe ter un protagonismo especial. En todo caso, o papel destacado das empresas da Mariña dentro do dinamismo económico da provincia xa se demostra porque preto da metade das solicitudes de información respecto das axudas incluídas no programa IMPULSA LUGO proceden de empresas da Mariña, como deu a coñecer a propia Delegada Territorial en Lugo, Raquel Arias.
12 MILLÓNS DE EUROS COMO MÍNIMO PARA MEDIDAS TRANSITORIAS.-
O dirixente popular aclarou que o IMPULSA LUGO non é un programa único e determinado, senón un conxunto de medidas de discriminación positiva que poderían dividirse en dúas fases moi diferentes: Unha primeira na que se estaría a deseñar un plan estratéxico, para desenvolver no futuro e durante o que están en vigor unha serie de medidas transitorias, beneficios especias para as empresas e emprendedores lucenses que queiran acceder ás axudas do IGAPE. E, en segundo lugar, o desenvolvemento dese plan estratéxico xa deseñado e pactado, que terá lugar ao longo do presente ano e no que se aplicarán as medidas específicas a prol das nosas empresas e emprendedores.
Como é lóxico na primeira das fases non existe unha partida orzamentaria determinada baixo o epígrafe IMPULSA LUGO, senón que o presuposto dispoñible é o total corresponde ao conxunto de axudas do IGAPE que, para a presente anualidade superará, segundo as previsións que baralla o propio IGAPE, os 12,5 millóns de euros dun total de 345,9 que manexará este instituto no 2010.
Préstamos a un tipo de xuro reducido, que pode chegar incluso ao 0%, rebaixas no límite mínimo de investimento para recibir axudas, posibilidade de compatibilizar as sudvencións da Xunta con outras axudas procedentes doutras administracións son, entre outras, algunha das medidas de discriminación positiva para Lugo
O BNG SOLO NA CRÍTICA.-
Balseiro subliñou finalmente que é unha auténtica mágoa que o BNG teña por estratexia a oposición fronte a toda iniciativa, beneficiosa ou non, que poida impulsar o actual Goberno galego. E nesta liña adiantou que os nacionalistas para non variar se quedan solos nas críticas ao IMPULSA LUGO, de feito, este programa promovido por Feijoo nace co respaldo do conxunto dos axentes sociais, sindicais e patronais da nosa provincia.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



