No PP teñen demostrado en mil e unha ocasións ata que punto son quen de poñer todo patas arriba para acadar o poder. No caso das últimas eleccións galegas demostrárono en varias ocasións e con varios temas, aínda que nomeadamente co da lingua.
Fermín Bouza puxo de manifesto, no congreso de Ecolingua que o PP non gañou as eleccións do 1 de marzo pola cuestión da lingua. De feito, entre o electorado máis á esquerda do bipartito houbo certo desánimo polo pouco que se avanzou ao respecto. O desencanto tamén se deixou notar en xeral nunha parte do electorado tanto do PSdeG como do BNG ao non ser quen de reaccionar ante os erros cometidos e o conxunto de acusacións artelladas desde a dereita. Foi a abstención dunha parte do electorado do bipartito a que permitiu que o PP gañara as eleccións.
A loita interna dos birretes cos da boina (termos un tanto desfasados aparentemente, pero que reflicten con claridade o que está a ocorrer) vai deixar en moi mal lugar todo o consenso artellado en torno ao tema da lingua. O traballo de tantos anos estase a ir ao garete por culpa duns irresponsábeis que antepoñen os seus intereses persoais e de grupo fronte á comunidade.
É moi preocupante que estas loitas acaben afectando á vida política, económica e social do país. Nesta ocasión, e a través do tema da lingua, tamén vai afectar ao mundo da educación. Ben deixaron a súa pegada eliminando o sistema de gratuidade dos libros de texto, pospoñendo sine die, ou reducindo moi considerabelmente, as partidas orzamentarias dedicadas ás reformas imprescindíbeis en moitos centros educativos. Tamén, diminuíndo o número de prazas de profesores interinos e reducindo as substitucións. E agora tócalle ao tema da convivencia nos centros.
Baixo a aparente aureola da liberdade van trasladar aos centros educativos a responsabilidade propia dun gobernante. Agora resulta que os pais e nais imos poder escoller non sei cantas cousas. Aínda que empezaremos pola lingua vehicular no ensino. Velaí algunhas das contradicións no decretazo contra o galego:
Se Matemáticas en castelán e Sociais en galego, aínda que podendo cambiar cada pouco tempo, como se vai amañar o dos libros de texto?
Se os alumnos e alumnas se poden dirixir aos profesores na lingua que queiran, tamén o poderán facer estes últimos? E os rapaces/as escollerán a lingua dos libros de texto? E para faceren os exames? De que serve entón que se diga que Sociais ou Matemáticas van ser impartidos en galego se o alumnado vai poder usar soamente o castelán? É así como se quere garantir a aprendizaxe dunha lingua? Sen usala?
Por certo, se Educación para a Cidadanía vai ser impartida en Inglés, tamén aquí terán liberdade os alumnos e alumnas para usaren a lingua que prefiran? Tamén co referido aos libros de texto? E para faceren exames, traballos, etc?
Non son máis que algúns exemplos do feixe de contradicións que se derivan da aplicación do decretazo contra o galego. Non é bo punto de partida para o diálogo que din buscar desde o goberno da Xunta. Para que crearmos outro diálogo se xa o tiñamos acado coa LNL, e o PXNL? Por qué se descolgou o PP dese diálogo á hora de asinar o Decreto que os leva á práctica? Baixo o subterfuxio de potenciar o inglés no ensino quérese facer un decreto que non din nada en especial e deixa todo no aire con cláusulas que permitirían pasar polo sistema educativo galego sen aprender o galego. Un decreto a medida dos sectores máis antigalegos do país. Por moito que agora aparenten queixarse por consideráreno insuficiente.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



