BURELA (FNC) .- O equipo de goberno tilda de caradura política as manifestacións do PP sobre os niveis de paro e as medidas necesarias a adoptar nos orzamentos municipais de 2010 para paliar eses efectos en Burela.
A tenente de alcalde, Neves Cando, sinala que “o PP ve a palla no ollo alleo e non a viga no seu propio, porque a pregunta é qué está a facer a Xunta de Galicia do PP para paliar este ascenso do paro. O señor Núñez Feijoo presumiu de asinar un compromiso coa cidadanía durante a precampaña electoral no que dicía que ía combater o paro, ésta era a máxima prioridade do goberno así como recuperar a senda da creación de emprego. E ademáis falaba de medidas concretas para isto nos seus primeiros 45 días de mandato”.
A edil nacionalista engade que “os veciños e veciñas de Burela e todos os galegos e galegas preguntámonos qué está a facer o goberno da Xunta para combater o paro e recuperar a senda da creación de emprego, pois nada de nada. E non é porque o digamos nós senón porque o di a súa propia xente, dicía estes días o grupo municipal do PP de Burela que o paro aumentou no noso pobo. Señores do PP póñanse a traballar porque ainda non o fixeron e xa levan un ano gobernando e cumpran o que prometeron, loitar contra a crise apostando polos sectores productivos, outro punto do famoso contrato do señor Feijoo coa cidadanía. Díganllelo vostedes ao sector leiteiro de Lugo, ao sector textil galego, etc, etc…”.
Cando suliña que “os señores do PP están máis preocupados por destruir o feito desde o anterior goberno da Xunta que por traballar, lembremos a gratuidade dos libros de texto, o decreto eólico que por certo segundo di a xustiza foi mal paralizado, o sistema de benestar galego, o decreto do galego no ensino, a privatización da sanidade pública, a pretensión de sacarlle 200 euros aos pensionistas galegos… están máis preocupados por destruir que por traballar e por acabar co paro. Agora están gobernando na Xunta e son vostedes responsables”.
A tenente de alcalde tamén alude á medida de axudas ás familias de Burela que propón o PP e di que “si esa é a única solución que se lles ocorre moi mal vamos. O PP criticou no seu momento ao goberno do estado pola axuda dos 400 euros aos desempregados calificándoa de limosna e pedindo traballo para esta xente e agora pretenden que nós no Concello fagamos o mesmo. A xente desempregada o quere é traballo señores do PP e a xente o que quere é que a Xunta, que ten responsabilidade nesto, o faga. E que segundo prometeu o señor Feijoo cumpra o que asinou nese compromiso coa cidadanía”.
Sobre os orzamentos do Concello de Burela “que estamos pechando os do ano pasado, xa falaremos tamén algún día para aclarar algunhas dúbidas e desmontar toda a palabrería barata do PP sobre este tema”.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



