NOTA DE PRENSA
O secretario xeral dos populares luncenses asegura que a deputada provincial socialista ou non se entera ou non fala co seu superior pero en todo caso quedou desautorizada polos feitos
LARA MÉNDEZ EN EVIDENCIA DESPOIS DE VERSE OBRIGADA A RECOÑECER QUE O PRÓXIMO LUNS TERÁ LUGAR UNHA REUNIÓN ENTRE BESTEIRO E RUEDA, APRAZADA ATA DESPOIS DO NADAL A INICIATIVA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN
Desde o PP insisten que os novos responsables da Xunta sitúan como prioridade da súa acción de Goberno a posta en servizo dos parques de bombeiros e reclama un compromiso similar dos socialistas provinciais.
A Mariña, 8 de xaneiro de 2010.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, vén de afirmar que a socialista Lara Méndez quedou en evidencia tras verse obrigada a recoñecer que o próximo luns terá lugar unha reunión entre o Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o Presidente provincial, Gómez Besteiro, para abordar cuestións relativas á posta en servizo dos parques de bombeiros. Balseiro explica que esta cita quedou pechada antes do inicio do Nadal, dato que parecía descoñecer a socialista Lara Méndez cando efectuou as súas declaracións e feito que demostra non só a falta de dilixencia da socialista senón tamén o descoñecemento que ten respecto deste asunto.
O secretario xeral dos populares lembra que a iniciativa de convocatoria do consorcio provincial de bombeiros corresponde a Gómez Besteiro e que foi el quen decidiu posponer esta reunión ata despois das vacacións de Nadal, antepoñendo polo tanto o seu descanso persoal á urxente necesidade de abordar as cuestións pendentes para a dotación na nosa comarca deste servizo de emerxencias.
Balseiro Orol insiste en que Lara Méndez ou ben non se entera ou ben non fala co seu superior pois tan só deste xeito poden explicarse as contínuas contradicións da vicepresidente provincial, que se ve obrigada a saír á palestra para non quedar desautorizada polos feitos, e pola moi cuestionable actitude do propio Gómez Besteiro.
RECLAMA UN COMPROMISO SIMILAR
O dirixente popular insiste que os novos responsables da Xunta de Galicia teñen situado a dotación e posta en servizo dos parques comarcais de bombeiros na Mariña lucense dentro dos obxectivos prioritarios da súa acción de Goberno e lamenta que polo momento non exista un compromiso similar por parte da Deputación provincial. No PP sospeitan que o que Lara Méndez e os seus compañeiros no Executivo provincial non queren é poñer de relevo que nos pasados catro anos e pese a ter un Goberno da súa mesma cor política na Xunta non avanzaron nada as xestións conxuntas para facer realidade este servizo, e polo tanto que será un Goberno do PP quen poña en servizo de xeito definitivo estes parques.


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



