CERVO .- A Consellería de Medio Ambiente “puxo á nosa disposición a axuda necesaria para solventar os problemas derivados destas choivas”, asegura o alcalde de Cervo e explicou que a brigada de Obras e Servizos do Concello están a traballar para restablecer a normalidade ” restablecer a normalidade no concello nos vindeiros días”
Nota de Prensa
VILLARES CONFÍA EN RESTABLECER A NORMALIDADE NO CONCELLO NOS VINDEIROS DÍAS DESPOIS DAS CHOIVAS DA FIN DE SEMANA
* O conselleiro de Medio Ambiente decidiu enviar persoal da consellería para colaborar nas tarefas de desentullo das canles dos ríos Xunco e Cobo tras manter esta mañá unha conversa telefónica co rexedor cervense
Cervo, 25 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, confirmou no día de hoxe que a brigada de Obras e Servizos do Concello de Cervo están a traballar para restablecer a normalidade no termo municipal tralo paso das choivas torrenciais que afectaron a distintos puntos do concello.
O rexedor asegurou que dende que se recibiran os primeiros sinais de alerta por mor destas choivas efectivos de Protección Civil e persoal do Concello estiveron traballando para tentar mitigar os efectos das trombas de auga, as cales derivaron en inundacións en zonas coma o Souto (Cervo) e a piques estiveron de anegar outras zonas coma O Guioncho (A Venta) “pero afortunadamente a apertura das comportas do embalse de Río Cobo evitou que se produciran neste punto inundacións coma xa ocorrera hai dous anos” recoñeceu.
Tamén sinalou que agora o Concello está a centrar os seus traballos en tentar restablecer a normalidade nas zonas afectadas. “Estamos a traballar para arranxar canto antes diversos camiños e vías públicas que se viron afectadas por mor das grandes cantidades de auga que caeron e que deixaron intransitables estas vías de comunicación” indicou o alcalde, quen tamén sinalou que outro punto prioritario nestes traballos son as canles dos ríos Xunco e Cobo, “os cales atópanse con moita maleza, ramas e árbores que nalgúns casos poden ocasionar entullos nas pontes que os cruzan, co conseguinte risco de novos desbordes e roturas destas pontes”.
Apoio da Xunta
O alcalde cervense destacou que a primeira hora da mañá recibiu unha chamada do conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, “o cal puxo á nosa disposición a axuda necesaria para solventar os problemas derivados destas choivas” indicou. Durante a conversa o rexedor cervense informou ao conselleiro dos danos ocasionados e solicitoulle persoal da consellería para levar adiante a limpeza das canles dos ríos afectados. “E esta mesma tarde está previsto que cheguen efectivos de Medio Ambiente para encargarse de facer estes traballos” asegurou Villares, que valorou moi positivamente a “resposta pronta e inmediata” da Consellería de Medio Ambiente “porque poderemos recobrar a normalidade canto antes, algo que contrasta co acontecido hai un ano, onde os responsables daquela na Xunta deixáronnos completamente esquecidos, excepto para vir a facerse fotos” lembrou.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



