… e direillo con argumentos, coma sempre. Nótase que vostede e os seus socios de bipartito están nerviosos, non lles gusta que lles faigan oposición (“…o PP só quere entorpecer…”, din vostedes, e non sei o que entorpecemos, porque non hai nada que entorpecer, porque nada hai feito. “Que nos deixen traballar”, tamén din vostedes…, pois póñanse, que xa lles vai sendo hora), e arremeten á primeira de cambio con todo e máis. Seguro que hai algo que non lles cheira ben. Terá que ver coas eleccións?
Sobre o que vostede di acerca da Xunta de Feijoo e do PP, só decirlle que se lle nota que solo sabe “cortar e pegar”: é o que acaba de facer co argumentario do Bloque, repetilo miméticamente, e xa se vé como lles foi nas autonómicas, así que mire o que fai. Só dúas cousas sobre o paro. Unha, canto paro se creou “realmente” en Burela co Plan E?. A que non é capaz de decirmo? Dúas, cantas persoas están agora mesmo contratadas no concello por seis meses gracias a unha aportación da Xunta? Quince. Si, ou non? E unha máis sobre a baixada das pensións e tamén sobre o paro: as pensións baixan e o paro sube por culpa de Zapatero e dos seus presupostos, que vostedes, Dna. Nieves, apoiaron no Congreso… Non nos veña con melindres de Entroido. Como eso de que nós, o PP, agora, non lle pedimos á Xunta… Que pouco se entera! En cambio vostedes non lle pedían antes á Xunta nin agora ó Goberno Central. Pero agora, pedirlle á Xunta, todo e máis, desde os concellos e desde a Deputación. A Zapatero non, non vaia cabrearse. E logo me fala de cara dura?
Agora vamos a falar de vostede, Dna. Nieves, do seu quefacer político. Mire por onde, vostede nos plenos e na prensa dá unha boa voceira do PSOE, por eso calan os socialistas, e por eso tén vostede mui contenta á súa militancia, á do BNG. Polo que deduzo que ou vostede se cambia, ou que irán en coalición ás próximas municipais, cun programa clariño, non?. Pero, francamente, non me interesa o que faiga, alá vostede.
Pero hai máis, e moito máis importante. Vostede ainda non pagou as axudas dos corenta euros de principio de curso (seis meses despois de anuncialas!, que lle parece?). Vostede asinou convenios con clubes para 2009-2010, pero con cartos solo para 2009. Vostede prometeu que todas as escolas deportivas ían ser gratuitas e non o están sendo, porque en algunhas os pais pagan (falo das de fútbol e fútbol sala, para concretar). Vostede dixo que o bipartito ía facer o campo de fútbol artificial de A Marosa e non fixeron nada. Vostede cargouse as noites alternativas da movida de fin de semana. Vostede pasará á historia deste concello por ser a primeira concelleira de cultura que deixa sen axudas directas ás asociacións culturais de Burela.
Como definiría vostede todo eso se o fixera o PP? Engano e mentira, verdade? Pois eso, e sen contar o retraso de máis de seis meses en pagar facturas de Cultura que chegaron a sumar cento vinte mil euros, nun ano!! Xa pagaron? E logo quéixase de que nós deixamos algo máis sen pagar en doce anos. Vaia, pois aí está a diferencia. Por certo, sobre eso que deixamos sen pagar, faigan dunha vez por todas as contas coa empresa da auga, xa verá como ó millor lles cadran. Perdón, non me percataba que eso non vai con vostede, como é da área socialista… A diferencia entre vostedes e o PP é que vostedes despilfarran e tardan en pagar hasta dez meses, e o PP estaba pagando en tres meses. Explíquelle eso ás empresas de Burela, e de fóra, que están pasando apuros entre outras cousas porque vostedes tardan en pagar. Esa é a marca dos bipartitos: despilfarro, moito, e pouco traballo, mui pouco.
E segue habendo máis: a vostede non lle gustaban as dedicacións exclusivas…. As de antes, pero agora ben que se leva para o peto corenta e cinco mil euros ó ano. E que conste que non lle critico que os cobre, se os merecera; o que critico é que antes non deberíamos, e agora, vostede, sí: doble moral? Sí, sen dúbida.
Tampouco lle gusta o da auga: pois mire, foi o PP na Xunta quen en 2005 deixou cartos e proxecto (o BNG e o PSOE votaran en contra), e foron vostedes na Xunta os que retrasaron a adxudicación dous anos. Voulle decir máis: os depósitos de auga novos de Burela fíxoos o PP no Concello e na Xunta. E quen fixo a EDAR, a rede de saneamento e a rede de subministo de auga do casco urbán de Burela? Tamén o PP. E me vén decindo que non nos queixemos, eso sí que é cara, logo do que lle acabo de decir e que vostede ocultaba. Que é o que fixeron vostedes? Nada. A cantas reunións da xunta de portavoces asistiu sobre o tema da auga e cando, Dna. Nieves? Co bipartito burelés, a ningunha. Refréscolle a memoria?
Pois como lle dixen ós seus socios, estes son os meus argumentos, pero se non lle gustan teño máis, e mesmo mui variados.
Por certo, non deben ir as cousas mui ben entre vostedes cando non fixeron nin un só balance do pacto de goberno ese famoso que subscribiron e que nos ía solucionar todos os males que deixara o PP… E os proxectos, onde están, Dna. Nieves, na súa cabeza? Por que a xente non os coñece. Ah, xa falaremos no debate dos presupostos (xa era hora que o inflaran, para cadralo…), xa me explicará vostede a austeridade, o aforro en gasto diverso, e como pensa axudarlles ás familias con membros no paro. Xa llo digo agora: con nada. Tamén será interesante saber de onde van sair os cartos, os cartos reais, os que se moven de man en man, para manter o nivel de gasto que teñen vostedes. Non se dá conta de que eses son os motivos polos que decimos “presupostos, xa”? Ademais, en vez de cabrearse, debería de gustarlle que lle copie a exclamación, que a usa vostede mui a menudo.
E remato, moitos gracias por preocuparse pola miña presencia e pola miña ausencia. Nótase que estou “doblemente presente” no seu quefacer político. Non se obsesione, e traballe, que para eso está aí, e para eso lle pagamos. Pretender ser goberno e oposición ó mesmo tempo trae consigo escritos “blanditos” coma o seu do pasado domingo. E vostede, en Burela, de momento, é goberno (???).
JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ BARCIA. Portavoz do GMPP.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



